Coa cabeza nas nubes... e os pes no chan
domingo, 25 de noviembre de 2012
Nova dirección
Como xa adiantei hai uns días, quedei sen espazo para publicar fotos, polo tanto, toca comezar un novo blog, cun novo nome pero coa mesma alma... Agárdovos en facendoasamericas.blogspot.com
miércoles, 21 de noviembre de 2012
Vaia, quedei sen espazo...
Estaba tratando de publicar unha nova entrada no blog pero acaban de notificarme que non teño espazo para almacenar máis fotos... Xa buscarei unha alternativa, probablemente a creación dun novo blog e cambio de nome, que se lle vai facer...
domingo, 18 de noviembre de 2012
Mes da patria, que viva Panama!
Coa miña bandeira, camuflado coma un panameño máis |
En Panamá son máis chulos que os demáis, así que en lugar de ter un "día da patria" teñen un mes enteiro. O caso é que, con todo o pouco que me gustan a min estas manifestacións patrióticas, hoxe veume xenial o desfile da xuventude da cidade (aposto a que era a xuventude pobre) para coñecer a Panamá esquecida que non sae nas guías de viaxe e que xeralmente é inaccesible para os foráneos.
Un dos grupos participantes no desfile |
Aproveitando que o tráfico estaba cortado para a ocasión, decidin adiantarme ó desfile que ía saír dende a zona vella para coller un bo sitio nunha rúa xeitosa. 5 minutos foron abondo para decatarme de que me estaba adentrando nun barrio conflictivo, pero aproveitando que o percorrido previsto para o desfile estaba garadado por parellas de policía cada 20 pasos, seguín camiñando libremente polo barrio de "El Chorrillo". Decidín non sacar a cámara xa que estaba a xogar fora da casa en non quería ferir ningunha sensibilidade fotografando as casas de madeira e chapa, xa que xa chamaba abondo a atención coa miña pinta de turista e co meu cuíño branco que era o único que paseaba por aquelas rúas... Cando cheguei a casa investiguei sobre o barrio e, efectivamente, é un berce de violencia e exclusión social. Non tódolos días se ten a oportunidade de pasear por un barrio coma este sen sentirse inseguro, polo que certamente teño que agradecer que a miña visita coincidise co mes da patria e xusto co desfile por este lugar, así que... que viva Panamá!
Outro grupo. Eles como militares, elas como... |
Señoritas desfilando con poses sexys, eles con poses marciais... |
Mozas con traxes típicos |
Os máis animados da festa |
Mes da patria = bandeiras ata na sopa |
Na sopa, nos balcóns, nas rúas, etc. |
Máis mozas desfilando sexy style |
sábado, 17 de noviembre de 2012
Volvendo ó nivel do mar, Cidade de Panamá
Destino: Cidade de Panamá |
Acabo de chegar a Panamá. Aínda me queda tanto por contar da viaxe a Bolivia e xa estou noutro país novo...
A miña primeira visión do Océano Pacífico, inmellorable (a sombra do fondo é o continente) |
Panamá ten un dos achegamentos de avión máis fermosos que teño visto. Vóase durante un bo anaco paralelo sobre o pacífico, por enriba de pequenas illas coa costa centroamericana ó fondo e, de súpeto, cando aparece o skyline da Cidade de Panamá o avión xira e enfila a terra. Cando se achega e comeza a seobrevoar terra firme aprézase a tupida vexetación e as palmeiras espalladas. Unha fermosura.
Skyline de Cidade de Panamá |
Cando se baixa do avión pega de cheo o golpe de calor tropical e pode contemplarse ao fondo a cidade, que pouco ten que ver co que levo visto ata agora en Latinoamérica. Cidade de Panamá ten moito máis de Miami que de Bogotá. Nótase a pegada dos gringos nesta zona (para ben e para mal). A primeira vista Panamá semella unha cidade ordenada e moderna (nada que ver coa caótica Bogotá), pero esta é unha primeira impresión, xa que apenas puiden camiñar unha hora polas rúas panameñas dende a miña chegada. Mañá pasearei máis e sairei de dúbidas.
Cerro Ancón dende o meu cuarto |
Bahía de Panamá dende o paseo marítmo |
En segundo lugar, o Océano Pacífico, que e era a primeira vez que o miraba e facíame especial ilusión. Certamente este Océano ten gañado a pulso o seu nome, porque tendo en conta que esta cidade ten costa en mar aberto, non hai ondas e a auga está máis calma que na ría de Vigo. Incrible. Ademáis, fíxome ilusión volver a ver o océano e estar ó nivel do mar despois de 11 meses e medio...
Fila de barcos agardadno para cruzar o Canal de Panamá |
En terceiro lugar, un indicio do Canal de Panamá. Aínda que ata mañá non irei ata o canal, dende o paseo marítimo (a 10 minutos do meu hotel) vese a fila de barcos agardando para cruzalo. Aínda que non espero que sexa especialmente fermoso, teño moitas ganas de visitar esta que é unha das grandes obras de enxeñaría do século XX.
Papel hixiénico decorado cun laciño, que cousa bonita! |
Taza do retrete decorada, nunca tal vira... |
martes, 13 de noviembre de 2012
La Paz dende os seus miradores
La Paz dende o mirador da autopista |
La Paz a pé de rúa non é fermosa, como xa dixen, pero dende arriba sí que é todo un espectáculo. A cidade conta con numerosos miradores dende os que asombrarse coa tolemia urbanística que ocupa todo o val e as montañas que o rodean.
La Paz dende lonxe, impresionante |
Quedei abraiado mirando as montañas nevadas que asoman sobre a cidade dende o mirador de Kili Kili e dende os miradores da autopista, aínda que o día que subín estaba algo anubado e non se apreciaban en todo o seu esplendor os cumios da Cordilleira Real.
Illimani cuberto de nubes dende o mirador Kili Kili |
O máis impresionante de tódolos nevados e o Illimani, un monstro de 6.462 metros de altura visible dende toda a cidade, pero cando subín ao mirador as nubes tapaban esta montaña especialmente, tal e como se ve na foto de arriba. Porén, cando baixei as nubes disipáronse e quedei parvo coa impresionante imaxe deste becho. Na foto de abaixo vese o Illimani tal e como se divisa dende o centro da cidade. Certamente causa impresión.
Illimani dende o centro de La Paz |
No seguinte video pode verse a panorámica completa da cidade dende El Alto.
Admirando a cidade co Illimani ao fondo |
Vista do sur da cidade, unha zona completamente desértica |
A pesares de ser unha quinta parte de Bogotá, La Paz vese inmensa |
Detalle da zona moderna |
Á esquerda o Huayna Potosí, outra das montañas emblemáticas de La Paz |
Outro nevado da Cordilleira Real asomando sobre a cidade |
O Huayna Potosí máis de preto |
La Paz, un enclave impresionante |
lunes, 12 de noviembre de 2012
Unha gran idea de negocio
La Paz, un mercadiño ambulante
Venda de artesanías nas rúas turísticas |
La Paz, ao igual que o resto de cidades latinoamericanas que tiven a oportunidade de coñecer ata o momento, é un auténtico mercadiño ambulante... Unha das partes máis curiosas é o "mercado das bruxas", no que se venden multitude items estranos entre os que destacan os fetos de llama... Realmente non sei que conxuros se poden facer con todas estas cousas, pero prefiro quedar na ignorancia... Na zona vella están os mercados de artesanías para turistas, pero a medida que un se alonxa pode atopar todo tipo de cousas: piratería (dvd's, cd's, etc.) a unha escala moito maior da imaxinable, mobles, comida, etc. En La Paz non atopei un só supermercado, todo son tendas pequenas na rúa ou nos mercados de toda a vida, algo que xa non se ve en Galicia dende hai moitos anos...
Cholita chamando dende un quiosco |
Outra cousa curiosa é que non hai cabinas. Todos os quioscos dispoñen de teléfonos fixos para poder facer chamadas (algo parecido sucede en Colombia, teño pendente escribir sobre eso...).
Congreso de Bolivia |
En resumo, La Paz é unha cidade con grandes carencias visibles a simple vista; un casco histórico en condicións bastante mellorables e outras eivas, pero realmente ten algo especial que a fai atractiva e que ao camiñar polas súas rúas me sentise moi cómodo. A min gustoume moito.
Camiñando por unha rúa paceña |
Rúa do casco vello cunha aberración de ladrillo ao fondo |
Mirando as tendas de artesanías |
Tenda para bruxas con materiais estranos... |
Fetos de llama á venda na rúa |
Outro posto de artesanías |
Admirando a cidade |
Outro mercadiño ambulante, hai un cada dúas rúas aproximadamente |
Paseando por unha rúa da zona vella |
Militares gardando a sede do Goberno |
Posando diante da catedral |
Praza Murillo, o corazón de La Paz |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)