|
Destino: La Paz |
Chegou o momento de volver a sair de Colombia por un anaco, esta vez rumbo a Bolivia para achegarme un pouco máis de preto á América andina máis profunda...
|
O habitual en La Paz é atoparse coas "cholitas", vestidas ao xeito tradicional |
O primeiro punto de contacto con Bolivia foi La Paz, a cidade máis coñecida e capital de facto do país, aínda que a capital oficial sexa Sucre.
|
O caos da distribución eléctrica é unha característica común nos países que levo visitado |
Bastan uns minutos na cidade para caer na conta da situación de atraso (con respecto aos cánones occidentais) que vive Bolivia. A impresión xeral que transmite a cidade é a decadencia, semella que daquí a 50 anos tódolos edificios antigos caerán derrubados pola acción do tempo e a falta de mantemento.
|
Aspecto de boa parte do centro de La Paz |
A zona "moderna" da cidade está composta por edificios dos setenta e oitenta, polo que parece que a modernidade pasou por La Paz hai moito tempo pero que non ficou e que deberá seguir agardando polo momento axeitado para dar o paso adiante que precisa.
|
Liceo de señoritas |
As edificacións novas construidas con ladrillo abondan, pero esto non significa progreso nin moito menos. Os edificios novos están a medio rematar, incluso no centro histórico, onde sustitúen sen pudor ás vellas casas coloniais de adobe (material de pobres), de xeito que o feísmo e a falta de respeto polo antigo danlle a esta zona un aspecto descoidado e caótico.
|
Rúa de La Paz |
Polo tanto, a beleza da súa zona antiga non é un dos atractivos da cidade, como sucede en Quito, que en materia de conservación ven sendo todo o contrario a La Paz. Ata agora a miña impresión era que Bogotá tampouco destacaba pola conservación do seu centro histórico, pero visto o visto, teño que admitir que non está tan mal (teño pendente escribir no blog sobre o barrio da Candelaria de Bogotá, que a estas alturas non teño perdón por non tervos amosado a parte máis bonita desta cidade...).
|
Praza de San Francisco |
La Paz está ubicada nun val nunha zona ben alta dos Andes, cunha altura variable: 3.600 metros sobre o nivel do mar na zona histórica, 3.100 metros na zona sur e 4.100 metros nas zonas máis altas. Polo tanto, ten uns desniveis de 1.000 metros entre unhas partes e outras, así que podedes imaxinar as empinadas costas que hai que superar para desprazarse pola cidade (peor que Vigo)...
|
Unha fermosa praza de La Paz |
Este desnivel fai que dende o centro sexa unha constante ver ao fondo ladeiras poboadas de casas apretadas unhas a outras que dan unha composición urbana moi característica á cidade.
|
Edificio oficial coas dúas bandeiras de Bolivia, a tradicional e a Wiphala, que representa aos pobos indíxenas e que foi recuperada polo goberno de Evo |
Queda moito que contar e moitas fotos que amosar, pero por hoxe é suficiente.
|
Igrexa na zona colonial |
|
Basílica de San Francisco, unha das principais igrexas da cidade |
|
Rúa empinada, unha constante en La Paz |
|
|
As zonas altas, sempre visibles, evidencian os fortes desniveis |
|
Desfile de comunidades tradicionais |
|
Máis desfile |
|
Placa da rúa de Sanxenxo... |
|
Sempre me chama a atención a decoración exótica das igrexas de América Latina, neste caso piñas (ou moras, non me queda de todo claro) |
|
A zona nova de La Paz, que xa non é tan nova... |
|
As rúas de La Paz están cheas de poemas e citas que aluden á cidade |
no son moras?
ResponderEliminarPuede ser, edito el texto... Gracias por la aportación!
ResponderEliminar