|
Destino: Cidade de Panamá |
Acabo de chegar a Panamá. Aínda me queda tanto por contar da viaxe a Bolivia e xa estou noutro país novo...
|
A miña primeira visión do Océano Pacífico, inmellorable (a sombra do fondo é o continente) |
Panamá ten un dos achegamentos de avión máis fermosos que teño visto. Vóase durante un bo anaco paralelo sobre o pacífico, por enriba de pequenas illas coa costa centroamericana ó fondo e, de súpeto, cando aparece o skyline da Cidade de Panamá o avión xira e enfila a terra. Cando se achega e comeza a seobrevoar terra firme aprézase a tupida vexetación e as palmeiras espalladas. Unha fermosura.
|
Skyline de Cidade de Panamá |
Cando se baixa do avión pega de cheo o golpe de calor tropical e pode contemplarse ao fondo a cidade, que pouco ten que ver co que levo visto ata agora en Latinoamérica. Cidade de Panamá ten moito máis de Miami que de Bogotá. Nótase a pegada dos gringos nesta zona (para ben e para mal). A primeira vista Panamá semella unha cidade ordenada e moderna (nada que ver coa caótica Bogotá), pero esta é unha primeira impresión, xa que apenas puiden camiñar unha hora polas rúas panameñas dende a miña chegada. Mañá pasearei máis e sairei de dúbidas.
|
Cerro Ancón dende o meu cuarto |
Eso sí, aínda que levo pouquísimo tempo aquí xa puiden ver algunhas cousas interesantes. En primeiro lugar, o Cerro Ancón, que é o cumio máis alto da cidade con 199 metro de altura (faime gracia despois de pasar un ano enteiro por enriba dos 2.500...) e que se ve dende a fiestra d meu hotel.
|
Bahía de Panamá dende o paseo marítmo |
En segundo lugar, o Océano Pacífico, que e era a primeira vez que o miraba e facíame especial ilusión. Certamente este Océano ten gañado a pulso o seu nome, porque tendo en conta que esta cidade ten costa en mar aberto, non hai ondas e a auga está máis calma que na ría de Vigo. Incrible. Ademáis, fíxome ilusión volver a ver o océano e estar ó nivel do mar despois de 11 meses e medio...
|
Fila de barcos agardadno para cruzar o Canal de Panamá |
En terceiro lugar, un indicio do Canal de Panamá. Aínda que ata mañá non irei ata o canal, dende o paseo marítimo (a 10 minutos do meu hotel) vese a fila de barcos agardando para cruzalo. Aínda que non espero que sexa especialmente fermoso, teño moitas ganas de visitar esta que é unha das grandes obras de enxeñaría do século XX.
|
Papel hixiénico decorado cun laciño, que cousa bonita! |
E por último, puiden ver o cursis que son no meu hotel, onde me recibiron con laciños no papel hixiénico e sobre a taza do retrete... Durante un momento pensei en gardar a flor coma recordo, pero coido que finalmente voulle dar un mellor uso...
|
Taza do retrete decorada, nunca tal vira... |
Pois direiche que na República Dominicana tamén lle poñen lazos ao retrete...
ResponderEliminar