Día con carros en Bogotá |
A semana pasada comentaba a iniciativa do "día sen carro" que se leva a cabo en Bogotá unha vez ó ano. Unha semana despois dese post amósovos o que é a realidade da Carreira Sétima os restantes 364 días do ano (ou 365, que este ano é bisiesto).
6 carrís na mesma dirección completamente atrancados |
Por se vos quedaba dúbida algunha de que o tráfico en Bogotá é terrorífico, nas fotos podedes ver 6 carrís na mesma dirección completamente colapsados. O que non podedes apreciar é a sinfonía de bucinazos que acompaña sempre a estas fermosas estampas.
A min a dúbida que me asalta e por qué os coches van sentido contrario a posición dos semáforos????? ;)
ResponderEliminarEsto xa o contaba no post adicado á carreira Sétima. Esta rúa ten 6 carrís, 3 en cada dirección, pero nas horas punta, entre as 5 e as 8 da tarde, os 6 carrís pasan a ser para o mesmo sentido (dirección sur-norte). Para poder facer eso, a Carreira 7 ten semáforos en ambos sentidos de circulación.
ResponderEliminar