Guanábana co seu correspondente zume |
Cando falei das froitas das que se pode desfrutar neste país mencionaba ó final de todo a guanábana. Na foto podedes ver cómo é este monstro: unha chirimoia xigante (en serio, son da misma familia, aínda que o tamaño é notablemente diferente) que mide entre 30 e 40 centímetros e pesa máis de dous quilos. Resulta curioso que semellante froita creza colgada da árbore, ó contrario doutras froitas de gran tamaño como sandías e melóns, que nacen dunha mata a rente do chan. Para evitar riscos, nunca pasearei por debaixo dun guanbanero (ou como se chame), porque por experiencia sei canto doe a caída dunha mazá na cachola; así que me imaxino as terribles consecuencias da caída dunha guanábana.
O zume de guanábana é un dos meus favoritos, aínda que xeralmente ten unha pinta bastante mala, como podedes apreciar no recipiente con zume branco que está enriba da froita... Aínda así, é máis que recomendable. En Colombia pódese mercar en multitude de postos ambulantes, e é común tomalo coas comidas, porén, non creo que sexa sinxelo de atopar en Europa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario