|
Praza central de Guatavita |
Guatavita é unha das excursións obrigadas cando se visita Bogotá. Xa hai tempo que tiña ganas de facer esta escapada (dende que cheguei ó país), pero como era algo tan cercano e sinxelo de facer en calquera momento, pois foise pospoñendo a cousa ata hai un par de semanas, cando xa case cumpría o meu primeiro ano aquí.
|
O cacique de Guatavita |
O pobo de Guatavita é bonito, pero en realidade é "de mentira". A vila orixinal inundouse tras a construcción do embalse de Tominé, polo que o pobo actual é unha reconstrucción que só conta cun unas pocas décadas, así que a súa arquitectura e espírito colonial non son máis que un decorado.
|
Camiñando ata os 3.000 metros de altura para ver a laguna |
O verdadeiramente interesante de Guatavita é a súa laguna, un lugar máxico onde naceu un mito universal: A lenda de
El Dorado. Neste fermoso lago os muiscas facían un ritual consistente en tirar ouro e esmeraldas no seu interior como ofrenda ós seus deuses. A sona que acadou este ritual chegou a oidos dos exploradores españois, de xeito que diferentes conquistadores foron chegando a este lugar na busca das máis inmensas cantidades de ouro endexamáis vistas.
|
A primeira visión da laguna |
Os españois foron os primeiros, pero non os únicos en chegar. A característica común a todos os que se interesaron por El Dorado era a cobiza, cobiza tal que os levou a drenar a laguna ata case desecala. De feito, as ribeiras orixinais da laguna estaban máis de 30 metros por enriba do que están na actualidade.
|
Guatavita, un fermoso decorado |
A laguna ten unha cor verde que varía de intensidade ó longo do día dependendo da claridade e da posición do sol, podendo pasar dende unha cor verde oscura a unha cor esmeralda intensa en só uns minutos. A importancia simbólica deste lugar segue a atraer hoxe en día a indíxenas de zonas lonxanas para faceren os seus rituais e peticións ós deuses (pero creo que xa non botan ouro...).
|
Guatavita na tardiña |
Situado a só unha hora e media en bus dende Bogotá (máis unha hora a pé ata a laguna), Guatavita é, como dicía ó principio, unha das excursións imprescindibles cando se visita a capital colombiana, coa ventaxa de que realmente non é un destino masificado.
|
A laguna de Guatavita |
|
Uns iluminados meditando diante da laguna |
No hay comentarios:
Publicar un comentario