Enlaces

martes, 30 de octubre de 2012

Música boliviana que ti coñeces


"Llorando se fue", unha canción dos bolivianos Kjarkas. Pensas que non a coñeces? Dalle ó "play".

Seguro que a moitos xa vos din a chapa con esta historia, pero nunca está demáis repetila: Kaoma triunfou con esta canción dándoa a coñecer como "A lambada", pero foron acusados de plaxio e perderon o xuizo. Obvio, a Lambada non é máis que a traducción literal deste tema que os Kjarkas xa compuxeran no 1981. Esta versión é especialmente fermosa, con todo o estadio rebordando e cantando entregado. Espero que vos guste tanto como a min.

Quixen escoller este exemplo de música xenuinamente andina que todos levamos gravado na nosa memoria asociado erróneamente a Brasil como homenaxe a Bolivia, un incrible país que sempre está en segundo plano e ó que nunca prestamos atención.

Bolivia, alá vou!

Pd: que che den polo saco JLo, a túa versión é a peor!

martes, 23 de octubre de 2012

Rafael Correa e a súa galería de agasallos

Cerámicas asiáticas
Rafael Correa, o presidente de Ecuador ten moi mala prensa nos países occidentais polos seu aliñamento ideolóxico con Hugo Chávez e polo seu certo grao de populismo (ten un programa na televisión e a radio pública ecuatoriana para facerse un pouco de autobombo. Aínda así, a súa forma de gobernar é ben distinta á de Chávez e certamente vese que está a cambiar o país (para ben), cumprindo coa meirande parte das súas promesas electorais, distribuindo riqueza, etc.


Medallas recibidas por Correa como presidente de Ecuador
Unha pequena mostra de que ás veces os denostados "dirixentes populistas" latinoamericanos teñen moito que ensinar aos nosos políticos é a coherencia dos seus actos. Correa decidiu algo tan lóxico como que os agasallos que lle fan coma representante do seu país non llos están facendo a título persoal, senón que son agasallos que él recibe en nome do Ecuador, polo que pertencen ó país e non a él...

Ata o de agora os presidentes levaban todos estes agasallos á súa casa tras o seu mandato como pertenzas persoais. Correa decidiu que se queden en exposición no Pazo de Carondelet e que pasen a mans do estado. Tamén decidiu doar a banda coa que tomou posesión como presidente, que está valorada en 12.000 dólares, para que poida ser reutilizada en sucesivas tomas de posesión e aforrarlle ó estado uns cartos, aínda que sexan "calderilla" para un país... Ata o de agora, ó igual que sucedía cos agasallos, os presidentes quedaban coa banda en propiedade e cada lexislatu
ra había que mercar unha nova... Pequenos cambios que marcan a diferencia e, sobre todo, un achegamento ao pobo en lugar de asoballamento.

Banda coa que tomou posesión Rafael Correa
Entre todos estes agasallos expostos hai mostras incribles de orfebrería, cristal, louza e outras artesanías das máis diversas procedencias de tódolos continentes. Marabillas procentes de China, Rusia, Oriente medio, Europa, América, etc.

Correa tamén visitou España... Ogallá cambiase de opinión e se levase todas estas cousas para a súa casa con tal de aforrarnos a vergoña de ter que ver exposta esta boneca...

Así se agasalla en España ás visitas institucionais...  será cousa da crise...

martes, 16 de octubre de 2012

O Pazo de Carondelet



Acreditado para entrar no pazo
Nesta segunda viaxe a Quito tiven a oportunidade de entrar a coñecer o Pazo de Carondelet, sede do Goberno de Ecuador. Unha visita que paga a pena facer para achegarse un pouco á historia do país. Desfrutei moito desta visita que non tiña programada e que resultou ser do máis estimulante... Se ides por Quito non deixedes de facela! Resulta curioso ver os salóns onde se reúnen os ministros dende hai séculos para decidir o destino do Ecuador, a sala onde se pronuncian os nomeamentos e comunicados gubernamentais, a porta do despacho do presidente (onde non nos deixaron entrar aínda que ese día Correa non estaba porque tocaba emisión do seu programa na tele, ó estilo Hugo Chávez), etc.

O certo é que é todo un detalle que o presidente decidise abrir a sede gubernamental para que todos os que o desexen poidan coñecer esta peza do patrimonio ecuatoriano, xa que ata 2007 permaneceu pechado ó público e só se pode visitar dende entón. Xa sabedes a teima que teñen os políticos en desfrutar eles sós de todos os bens do patrimonio histórico dos países coma se fosen da súa propiedade. Neste caso, ben por Correa!

Granadeiros de Tarqui, a escolta presidencial ecuatoriana
 

Un dos patios interiores xemelgos do pazo

Mural sobre o descobrimento do Amazonas, ao que se chegou nunha expedición saída de Quito
Mesa na que se celebran os consellos de ministros

Comedor

Capela

Praza da independencia vista dende o pazo

A porta do fondo da ao despacho de Correa, pero o milico era o límite para os turistas...

A Praza da independencia de novo

"Salón amarillo", onde teñen lugar as tomas de posesión do goberno

No Salón amarillo tamén se fan os comunicados presidenciais

O outro patio interior, toda unha fermosura

lunes, 15 de octubre de 2012

Un "Todo a 0,35" en Quito

Estou seguro de que todos vos lembrades dos " Todo a 100" e da súa posterior transformación a "Todo a 1 euro", e de como ese todo a un euro ao final converteuse en só un reclamo e ningún dos prezos coincidía con esa cantidade...

En Ecuador non foron tan "intelixentes" (quero dicir timadores e aproveitados), e a pesares de adoptaren o dólar como moeda propia non sufriron unha inflación tan dura coma a de España nos comezos do euro por mor dos redondeos... Esta tenda de "Todo a 0,35 centavos de dólar" tróuxome moitas lembranzas dos extintos "Todo a 100" e algunhas reflexións sobre a nosa forma de ser...

domingo, 14 de octubre de 2012

Día de Espuña


12 de outubro, Día da raza (aquí aínda conserva ese nome en lugar do Día da hispanidade), festa de rigor na Embaixada de España, e eu fun un dos invitados.

Resulta curioso que os españois teñamos máis importancia cando estamos fora que cando estamos dentro do noso país... Se estivese en Galicia non me terían invitado nin a unha recepción no meu concello, e se quixese asistir a un deses desfiles militares que se organizan para honrar a españolidade (que terá que ver unha cousa coa outra, pregunto eu...), tería que ter loitado por un sitio na primeira fila contra tódalas marujas do país; porén, aquí en Colombia sí me invitan a tomarlle uns viños e uns canapés co embaixador, cos máximos representantes do exército e a garda civil, cos xerentes das grandes empresas españolas, etc.

Terei que desfrutar destes privilexios mentres poida (como bo español sonche ben amigo das cousas gratis e dos gañotazos), que cando volva a España serei de novo un cidadán de segunda... Que cousas...

miércoles, 10 de octubre de 2012

Fartándome de roxóns

Ollo ó graxenta que está a bolsa!
Colombia, un gran país no que podes mercar roxóns auténticos en calquera tenda... Ñam ñam, esto sí que é boa alimentación! (e non a do avión da que falaba o outro día...).

O único que non boto en falta de Galicia (ademáis da choiva, claro...)

martes, 9 de octubre de 2012

A comida de avión máis sana xamáis vista


Volvendo de Quito tiven a oportunidade de desfrutar da comida máis sana que xamáis me deran nun avión... A ver canto tardo en que me volvan poñer algo tan san coma esto...

lunes, 8 de octubre de 2012

Quito (segunda visita)

Non hai sitio onde vaia onde non estivera antes Bolívar... Menudo viaxeiro este home!

Unha vez máis tiven a oportunidade de pasear por Quito e encántame!; as súas casas de cores, as súas xentes, o enclave co fermoso volcán Pichincha gorecendo a cidade. Quédame aínda a espiña cravada de que as dúas veces que fun o ceo anubado impediume albiscar ao lonxe os volcáns nevadosque rodean a cidade... Aínda así, desfrutei moito con só pasear polas rúas da cidade histórica, todo un agasallo. O único pero foi a choiva, que caeu arreo toda a fin de semana, pero como había meses que non chovía, os quiteños estaban encantados, polo que non me importou acabar mollado coma un pito xa que eles estaban contentos.

Rúa de Quito

Limpabotas quiteño

Outra rúa coas súas características casas de cores

Plano da cidade vella

Fermoso recuncho fora do circuito turístico

Convento de San Francisco

Desta vez choveume arreo

Casa de Sebastián de Benalcázar, fundador da cidade

Basílica do voto nacional dende lonxe

Unha das primeiras casas de dous pisos da cidade que pertenceu a un dos fundadores

Primeira imaxe que me atopo do santo fundador do Opus... ¡Manda carallo!

martes, 2 de octubre de 2012

Que tal se repetimos?


Esto xa o puxera, pero hai veces nas que repetir non está demáis...
Esta fin de semana de novo... EEEEEEEECUADOOOOOOOOOOORRRRRRR!!!!!