Enlaces

martes, 16 de octubre de 2012

O Pazo de Carondelet



Acreditado para entrar no pazo
Nesta segunda viaxe a Quito tiven a oportunidade de entrar a coñecer o Pazo de Carondelet, sede do Goberno de Ecuador. Unha visita que paga a pena facer para achegarse un pouco á historia do país. Desfrutei moito desta visita que non tiña programada e que resultou ser do máis estimulante... Se ides por Quito non deixedes de facela! Resulta curioso ver os salóns onde se reúnen os ministros dende hai séculos para decidir o destino do Ecuador, a sala onde se pronuncian os nomeamentos e comunicados gubernamentais, a porta do despacho do presidente (onde non nos deixaron entrar aínda que ese día Correa non estaba porque tocaba emisión do seu programa na tele, ó estilo Hugo Chávez), etc.

O certo é que é todo un detalle que o presidente decidise abrir a sede gubernamental para que todos os que o desexen poidan coñecer esta peza do patrimonio ecuatoriano, xa que ata 2007 permaneceu pechado ó público e só se pode visitar dende entón. Xa sabedes a teima que teñen os políticos en desfrutar eles sós de todos os bens do patrimonio histórico dos países coma se fosen da súa propiedade. Neste caso, ben por Correa!

Granadeiros de Tarqui, a escolta presidencial ecuatoriana
 

Un dos patios interiores xemelgos do pazo

Mural sobre o descobrimento do Amazonas, ao que se chegou nunha expedición saída de Quito
Mesa na que se celebran os consellos de ministros

Comedor

Capela

Praza da independencia vista dende o pazo

A porta do fondo da ao despacho de Correa, pero o milico era o límite para os turistas...

A Praza da independencia de novo

"Salón amarillo", onde teñen lugar as tomas de posesión do goberno

No Salón amarillo tamén se fan os comunicados presidenciais

O outro patio interior, toda unha fermosura

1 comentario: