Enlaces

martes, 23 de octubre de 2012

Rafael Correa e a súa galería de agasallos

Cerámicas asiáticas
Rafael Correa, o presidente de Ecuador ten moi mala prensa nos países occidentais polos seu aliñamento ideolóxico con Hugo Chávez e polo seu certo grao de populismo (ten un programa na televisión e a radio pública ecuatoriana para facerse un pouco de autobombo. Aínda así, a súa forma de gobernar é ben distinta á de Chávez e certamente vese que está a cambiar o país (para ben), cumprindo coa meirande parte das súas promesas electorais, distribuindo riqueza, etc.


Medallas recibidas por Correa como presidente de Ecuador
Unha pequena mostra de que ás veces os denostados "dirixentes populistas" latinoamericanos teñen moito que ensinar aos nosos políticos é a coherencia dos seus actos. Correa decidiu algo tan lóxico como que os agasallos que lle fan coma representante do seu país non llos están facendo a título persoal, senón que son agasallos que él recibe en nome do Ecuador, polo que pertencen ó país e non a él...

Ata o de agora os presidentes levaban todos estes agasallos á súa casa tras o seu mandato como pertenzas persoais. Correa decidiu que se queden en exposición no Pazo de Carondelet e que pasen a mans do estado. Tamén decidiu doar a banda coa que tomou posesión como presidente, que está valorada en 12.000 dólares, para que poida ser reutilizada en sucesivas tomas de posesión e aforrarlle ó estado uns cartos, aínda que sexan "calderilla" para un país... Ata o de agora, ó igual que sucedía cos agasallos, os presidentes quedaban coa banda en propiedade e cada lexislatu
ra había que mercar unha nova... Pequenos cambios que marcan a diferencia e, sobre todo, un achegamento ao pobo en lugar de asoballamento.

Banda coa que tomou posesión Rafael Correa
Entre todos estes agasallos expostos hai mostras incribles de orfebrería, cristal, louza e outras artesanías das máis diversas procedencias de tódolos continentes. Marabillas procentes de China, Rusia, Oriente medio, Europa, América, etc.

Correa tamén visitou España... Ogallá cambiase de opinión e se levase todas estas cousas para a súa casa con tal de aforrarnos a vergoña de ter que ver exposta esta boneca...

Así se agasalla en España ás visitas institucionais...  será cousa da crise...

No hay comentarios:

Publicar un comentario