Fixen a miña primeira excursión a fóra de Bogotá cun grupo de amigos hai un par de semanas. Visitamos o parque natural de Chicaque, uns poucos quilómetros ó sur da cidade.
Chicaque é, un bosque de néboa, como indica o cartel da entrada, e a definición é axeitadísima...
O parque conta con varios miradores dende os que as vistas deben ser fabulosas pero... a néboa é mesta demáis como para poder ver nada. Segundo nos dixo a rapaza que nos atendeu á chegada o parque: "a veces se despeja durante 15 minutos, pero luego vuelve a nublarse". Nós non tivemos a sorte de ter nin sequera eses 15 minutos...
Na foto estamos a uns 2.600 metros de altura, e baixamos polo monte ata os 2.100 metros. O peor de todo foi que despois de baixar hay que subir de novo... Os máis vagos subiron a cabalo, pero os valentes pateamos, como debe ser. Especialmente os tres galegos (Sara, Adri e máis eu), que fomos os que máis andivemos por dentro do parque.
O que máis me gustou do parque foron os fentos. Vedes eso que parece unha palmeira? Pois de palmeira nada, un señor fento, coma os da foto de abaixo.
O verde intenso do parque lembroume moito a Galicia, pero en canto afinas un pouco a vista distingues unha chea de especies diferentes ás dos nosos bosques. Por certo, por aquí tamén hai arcolitos, aínda que non dentro do parque natural, claro.
Dentro do parque hai un refuxio no que se pode quedar a pasar a noite. Nós non nos quedamos, pero o certo é que non tiña mala pinta.
Por suposto, as pitas tamén me fixeron lembrar Galicia, aínda que non sei eu se serán moi autóctonas do parque natural...
E para rematar, deixo unhas cantas fotos máis paseando polo parque.
qué chulada Dami!
ResponderEliminarMe encanta...qué enigmático.
ResponderEliminarYa veo que esto está siendo toda una experiencia para ti, casi igual que Polonia.
Eu quero un fento así para a miña terraza!
ResponderEliminarSe me deixaran, levaba un fento pa min e outro pa ti (se me dis quen es, que aqui non asina os comentarios nin cristo), pero coido que nin mo deixan facturar nin levar como equipaxe de man...
ResponderEliminar