Enlaces

domingo, 22 de enero de 2012

A Torre Colpatria

 
Iluminación nocturna da Torre Colpatria

Unha das iconas de Bogotá é a Torre Colpatria, o edificio máis alto da cidade e do país. Rematouse de construir en 1978 e é o terceiro rañaceos mái alto de América do Sur, con 196 metros de alto e 48 pisos.

Dende 1998 ilumínase tódalas noites de diferentes cores, conformando de cando en cando a bandeira de Colombia.

Non é do máis bonito da cidade, pero sí unha das suas señas de identidade. Porén, estímase que en 2014  perderá o seu posto como primeiro rañaceos do país en favor do complexo BD Bacatá que terá 66 pisos.

lunes, 16 de enero de 2012

Alimentación colombiana: froitas

Tomate de árbore

Unha das principais vantaxes de vivir nun país tropical é a variedade de froitas... Aquí como moita froita, pero case ningunha das que comía en Galicia. Ahí vai unha mostra.

Tomate de árbore por dentro
O tomate de árbore ó principio non me chistaba moito, pero co tempo converteuse nunha das miñas froitas favoritas... mmmmmmm.....

Granadilla

Granadilla por dentro
 A granadilla non creo que a volva a probar. Merqueina un día para ver que tal sabía, esperándome algo similar ás granadas que hai aí, pero... Ten unha textura babosa, parece qe estás comendo vermes ou blandiblú. Non está mala, pero realmente é desagradable comela...

Maracuyá 
 A maracuyá é do estilo da granadilla pero máis grande e de cor amarelo intenso. Tampouco vai ser das miñas froitas favoritas, pero soa súper exótico comer maracuyá, non si?

Pitahaya 
 A pitahaya téñoa no froiteiro pendente de probar. A pinta éche ben estrana, a ver que tal sabe...

Uchuvas

Uchuvas
As uchuvas son as miñas preferidas. Eu téñoas visto en Galicia, pero ahí chámanlles physallis. O caso é que me encantan e que me dou nelas coma un animal!

Hai moitas máis (curuba, lulo, guanábana, etc.), se me da a virada igual lles tiro unhas fotos e fago unha segunda parte.

miércoles, 11 de enero de 2012

Unha historia de terror: "a masacre de Pozzetto"






Ás veces sorpréndeste ó descubrir as historias agochadas detrás de calquera esquina por diante da que pasas a diario e que a simple vista non ten nada especial.

O restaurante Pozzetto está situado na esquina de entrada á rúa na que vivo actualmente, a uns 100 ou 120 metros e non é un restaurante calquera, aínda que o pareza...

O día 4 de decembro de 1986, Campo Elías Delgado, un colombiano que servira no exército usamericano e que era doblemente veterán de Vietnam, matou a 28 persoas, 19 delas no Pozzetto, e feriu a outras 15.

O resumo é o seguinte: o día en que se lle foi a olla matou en primeiro lugar á súa nai, coa que vivía e coa que tiña unha relación traumática.

En segundo lugar foi a casa dunha alumna súa, á que lle daba clases de inglés aproveitando que vivira máis dunha década nos EE.UU. Matouna a ela maila súa nai.

Despois voltou á súa casa e prendeulle lume o corpo, incendiando o seu apartamento. Antes de marchar do edificio matou a outras 6 persoas. Ata agora van 9 mortos. En realidade 9 mortas, porque parece ser que o fulano era un pouco misóxino, e as primeiras víctimas foron todas mulleres.

Despois foise a cear ó Pozzeto, a só unhas 6 rúas da súa casa, e tomou pasta bolognesa, viño e uns vodkas. Despois de cear colleu o seu revólver, dixo "¡Esto es un asalto, al que se mueva lo mato!", e cumpliu. Matou a outras 19 persoas, disparándolles na testa, porque non disparaba noutra parte (durante a súa etapa como militar destacara pola súa puntería). Todo esto cun revólver de tambor con 6 balas que tiña que recargar cada vez que se gastaban.

A festa rematou coa morte de Campo Elías, non queda claro se abatido pola policía ou suicidado. Él foi a vixésimo novena víctima do se día de furia particular.

A masacre de Pozzetto converteuno nun dos peores "spree killer" da historia (asasinos cuxas mortes se producen nun espacio de tempo reducido e en lugares diferentes). No continente americano non foi superado ata o ano 2007, polo asasino de Virginia Tech.

Esta matanza inspirou o libro Satanás, escrito por un compañeiro seu da Universidade Javeriana (cando levou a cabo a masacre, ós seus 52 anos, estaba estudando unha especializade en literatura), e no 2007 estreouse a película baseada no libro (pódese atopar fácilmente en Internet).

Aquí vos deixo un enlace a unha reportaxe (sensacionalista, claro) sobre esta historia:




Para rematar, un pouco de conspiranoia... Especúlase con que este home fose un espía en activo usamericano. Era un tipo intelixente, cunha puntería extraordinaria, formación médica e unha traxectoria impecable no exército estadounidense, con dúas estadías en Vietnam, a segunda delas coma voluntario...

Segundo parece, o Pozzetto era o lugar de reunión para os espías americanos da época, e era moi frecuentado por Campo Elías antes da súa última cea. Quen sabe? e, realmente, a quen lle importa? O importante é que este fulano se levou por diante a 28 persoas nunha matanza ó máis puro estilo ianki, e a só uns metros do meu apartamento...

Como dicía ó principio, ás veces resultan incribles as historias que se agochan detrás dunha esquina calquera, na que nunca repararas...

jueves, 5 de enero de 2012

A miña oficina

Torres A e B do edificio "Los Venados". Eu traballo na  pequena

Aínda que ata agora todas as miñas publicacións estaban relacioandas co lecer e as viaxes, a Bogotá vin a traballar, aínda que non o creades, e pásome 5 de cada 7 días metido na oficina...

Aquí vos deixo unhas fotos que testemuñan que a oficina Pexga de Bogotá existe:

Vistas dende a oficina

Vista dos cerros dende a oficina

O meu sitio
Como vedes, dende o oitavo piso no que está a oficina haiche unhas boas vistas da cidade e dos cerros, pero eu non teño a sorte de desfrutalas... A min puxéronme mirando cara os trapos, que para eso son o bolseiro...

Vistas dende o meu posto de traballo

E xa sen estenderme máis, déixovos as últimas fotos.




miércoles, 4 de enero de 2012

Selección musical 2




Despois de falar con moita xente, quedoume claro que o primeiro post de selección musical tivo moito éxito, así que vou cunha segunda parte. Desta volta a selección é máxima: unha soa "canción", pero que "canción"...

"Eso en 4 (patas) no se ve"

O reggaetón é un "estilo musical" do máis perralleiro; cunhas letras malas e unha música aínda peor, o feito de que teña tanto éxito é sen dúbida un indicador de que estamos chegando á fin do mundo...

Pero no reggaetón hai niveis, e esta canción está no cumio da pirámide, non hai nada máis machista e ferinte para o xénero feminino que esta letra parida por uns tais Ñejo e Dálmata.

Aviso de que pode ferir algunhas sensibilidades...

Puxen a versión subtitulada porque ás veces custa entender o que din. Escoitádea enteira porque NON TEN DESPERDICIO.

Algúns extractos destacables:
  • Tu tienes una linda, yo feas tengo tres. COn la luz apagá eso no se ve.
  • Qué carajo miras? Mira pa' la pared!
  • A última hora yo tampoco tengo nada de lindo (gran verdade), así que no pongo peros, apago la luz y me la chingo.
  • Me clavo las feas los sábados por la noche por si me arrepiento irme a la iglesia el domingo (este é unha das miñas partes favoritas).
  • Apaga la luz y quítate la ropa... Es que en verdad no quisiera verte en pelotas (qué duro)
  • Pero no te vires boca arriba, que no te quiero ver la cara ni la barriga (zas!, pódese dicir máis alto, pero non máis claro).
  • Que tu causas sensación, pero de espanto. No te preocupes que yo uso la imaginación. Tu quítate el pantalóny vamos a la acción, pero no prendas velas ni la televisión, que no quiero ni chispa de iluminación (poesía pura).
  • ...después de un par de tragos tu pa' mi te haces bonita...
  • Una misión cabrona con la chamacona, pero lo importante es que no me fui con dolor de bolas.


E por se a alguén se pensa que a estes fulanos se lles esgotou a creatividade con esta canción, aquí deixo oura mostra da súa lírica... os 30 primeiros segundos son dun nivel moi pero que moi alto...



Agardo  comentarios...

domingo, 1 de enero de 2012

3, 2, 1... 2012!

O reloxo da Porta do Sol

Remataron a semana de vacacións, pasou voando. Visitar a familiares e amigos, poñer unhas vacinas, mercar algunhas cousas e facer algunhas xestións que tiña pendentes foi todo canto me deu tempo facer nestes días. Quedoume moita xente pendente por ver, polo que algo de pena tamén me queda por non ter estado con todos os que me gustaría...

O peor, as horas de viaxe e as interminables escalas. O día de noiteboa pasei 9 horas en Madrid entre voo e voo, así que optei por pasear un pouco pola cidade e sacarme unha foto co protagonista indiscutible da noite pasada: o reloxo da Porta do Sol. Non tiña moitas ganas de improvisar, así que decidín rememorar as miñas últimas visitas a Madrid e visitei sitio por sitio os rincóns que xa coñecía... Pagou a pena o paseo.

Pero o que me queda na retina destas viaxes é a imaxe da T4 baleira. É o que ten viaxar en días tan especiais coma o 24 de decembro e o 1 de xaneiro...

Nin un alma na T4 (24-12-2011)