Ás veces sorpréndeste ó descubrir as historias agochadas detrás de calquera esquina por diante da que pasas a diario e que a simple vista non ten nada especial.
O restaurante Pozzetto está situado na esquina de entrada á rúa na que vivo actualmente, a uns 100 ou 120 metros e non é un restaurante calquera, aínda que o pareza...
O día 4 de decembro de 1986, Campo Elías Delgado, un colombiano que servira no exército usamericano e que era doblemente veterán de Vietnam, matou a 28 persoas, 19 delas no Pozzetto, e feriu a outras 15.
O resumo é o seguinte: o día en que se lle foi a olla matou en primeiro lugar á súa nai, coa que vivía e coa que tiña unha relación traumática.
En segundo lugar foi a casa dunha alumna súa, á que lle daba clases de inglés aproveitando que vivira máis dunha década nos EE.UU. Matouna a ela maila súa nai.
Despois voltou á súa casa e prendeulle lume o corpo, incendiando o seu apartamento. Antes de marchar do edificio matou a outras 6 persoas. Ata agora van 9 mortos. En realidade 9 mortas, porque parece ser que o fulano era un pouco misóxino, e as primeiras víctimas foron todas mulleres.
Despois foise a cear ó Pozzeto, a só unhas 6 rúas da súa casa, e tomou pasta bolognesa, viño e uns vodkas. Despois de cear colleu o seu revólver, dixo "¡Esto es un asalto, al que se mueva lo mato!", e cumpliu. Matou a outras 19 persoas, disparándolles na testa, porque non disparaba noutra parte (durante a súa etapa como militar destacara pola súa puntería). Todo esto cun revólver de tambor con 6 balas que tiña que recargar cada vez que se gastaban.
A festa rematou coa morte de Campo Elías, non queda claro se abatido pola policía ou suicidado. Él foi a vixésimo novena víctima do se día de furia particular.
A masacre de Pozzetto converteuno nun dos peores "spree killer" da historia (asasinos cuxas mortes se producen nun espacio de tempo reducido e en lugares diferentes). No continente americano non foi superado ata o ano 2007, polo asasino de Virginia Tech.
Esta matanza inspirou o libro Satanás, escrito por un compañeiro seu da Universidade Javeriana (cando levou a cabo a masacre, ós seus 52 anos, estaba estudando unha especializade en literatura), e no 2007 estreouse a película baseada no libro (pódese atopar fácilmente en Internet).
Aquí vos deixo un enlace a unha reportaxe (sensacionalista, claro) sobre esta historia:
Para rematar, un pouco de conspiranoia... Especúlase con que este home fose un espía en activo usamericano. Era un tipo intelixente, cunha puntería extraordinaria, formación médica e unha traxectoria impecable no exército estadounidense, con dúas estadías en Vietnam, a segunda delas coma voluntario...
Segundo parece, o Pozzetto era o lugar de reunión para os espías americanos da época, e era moi frecuentado por Campo Elías antes da súa última cea. Quen sabe? e, realmente, a quen lle importa? O importante é que este fulano se levou por diante a 28 persoas nunha matanza ó máis puro estilo ianki, e a só uns metros do meu apartamento...
Como dicía ó principio, ás veces resultan incribles as historias que se agochan detrás dunha esquina calquera, na que nunca repararas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario