A fin de semana pasada tiven a sorte de poder visitar o Amazonas, e non podo facer outra cousa que recomenarvolo a todos, porquee IMPRESIONANTE. Sen dúbida, o río máis caudaloso do mundo, o segundo máis longo, ten o 35% da auga doce do mundo, etc., non defrauda.
O amazonas dende o avión
Para empeza, a chegada en avión xa impacta, porque vese o río dende moitos kilómetros antes, e a medida que te achegas vai ocupando cada vez máis campo de visión, mentres o chan está cuberto por un manto de vexetación mesta. Cun pouco de sorte, cando o avión fai a maniobra de aproximación podes ter unha vista tan impactante como a das fotos.
Maloca en construcción no medio da cidade
A capital da Amazonía colombiana é Leticia, unha cidade bastante fea e subdesenvolvida, pero que de cando en cando pode agasallarte con algo tan exótico coma unha maloca tradicional no medio das casas (en realidade casas e leiras, que todo está misturado), que é a vivenda tradicional da etnia ticuna, predominante na zona que visitamos.
Lago diante do noso hotel (dentro do recinto)
Descansando nas hamacas do hotel
Curiosidades da cidade
A cidade de Leticia comparte fronteira terrestre coa cidade brasileira de Tabatinga, e en realidade son a mesma cidade, só que polo medio hai unha fronteira, eso sí, está aberta e non fai falta amosar pasaporte nin nada, basta con cruzar unha rúa e pasas de Colombia a Brasil.
Foto tomada dende chan colombiano ós meus colegas, que están en Brasil
Así que p primeiro día tocou ir ata o país da orde e o progreso, onde fixemos algunhas cousas típicas como mercar chanclas Ipanema e Hawaianas e beber caipirinhas, só nos faltou bailar un pouco de samba...
Tomando Caipirinhas mentres caía o diluvio
Ceando con cervexa Skol (ainda existe en España?)
Embarcadoiro en Leticia (moi profesional, eh?)
A nosa barca
A nosa barca xa no Amazonas
Navegando con chan peruano de fondo
A zona na que estivemos coñécese como "as tres fronteiras", xa que ademáis das mencionadas Colombia e Brasil, tamén está a fronteira peruana, a onde nos diriximos para visitar a uns pobres animaliños "salvaxes" que indíxenas peruanos tiñan domesticados. Para os animais é unha pena, pero o certo é que se os indíxenas o fan é por culpa de nós, os turistas, que pagamos por miralos...
A sensación de ter semellante cocodrilo a tan poucos metros é indescriptible
Anaconda xoven. Estes bechos chegan amedir ata 12 metros...
Ata aquí o ecuador da viaxe. Ó día seguinte mudámonos dende o hotel da cidade a outro hotel situado no Parque Nacional Natural Amacayacu, un paraíso aillado do mundo onde non hai máis que ese hotel, o río e vexetación. Pero esa parte xa vola contarei mañá...
Camiño do Amacayacu
No hay comentarios:
Publicar un comentario