|
César e Jaime aloumiñando a un oso preguizoso |
O outro día deixei a historia camiño do Amcayacu, peroimos facer un pequeno (ou non tan pequeno) flashback para ver máis animaliños dos que nos ensinaron en Perú...
Os osos preguizosos son feos coma eles sós, pero son moi tenros, porque lles encanta dar apertas a calquera que lle pase ó lado; eso sí, apertas a cámara lenta, parecen sacados de Matrix...
|
Pack: oso preguizoso, mono e cría de caimán |
|
César e Adolfo estresando a unha anaconda |
|
Igual que coller un canciño... |
|
Oso preguizoso (xa vos dixen que eran feos...) |
|
Marco e Amedio |
|
Home grande, caimán pequeno, home pequeno, caimán grande |
|
Leopardo |
|
Desfrutando da textura da anaconda |
|
|
|
|
Despois dos animais sí que nos fomos ó hotel Decameron, unha serie de cabanas de madeira no medio do Parque Natural Amacayacu. Unha auténtica marabilla desconectada do mundo; tan desconectada como que non se pode pagar con tarxeta, e non hai ningún caixeiro en moitos quilómetros á redonda... Por un momento pensamos que non imaos nin poder xantar algún día e tivemos que buscar ata os nosos últimos pesos para poder sair adiante. Dende logo que ese aspecto é moi mellorable, porque unha vez alí estás encerrado, e se non tes cartos, tes un problema, porque aparte da comida, ofrecen moitas excursións de pago que non podes facer se só levas a tarxeta enriba...
|
Embarcadoiro do hotel |
|
Terraza do hotel |
|
Nós |
|
Primeira vez que durmo nunha cama con mosquiteira... |
|
|
O tema das mosquiteiras é bastante útil, pero o certo é que perde eficacia se se quedan os mosquitos dentro. Na miña segunda noite tiven que matar a 2 mosquitos que atopei dentro... Supoño que se lle colarían á encargada de facernos as camas, pero se non os vira, ían darse un bo festín de sangue galega...
Como dicía, no hotel podíanse facer diferentes actividades, nós levabamos 3 contratadas, pero en realidade eran 2. Os colombianos son uns grandes vendedores de fume... A actividade pantasma era un paseo pola selva, pero en realidade este paseo era o camiño a outra das actividades: subir a unha árbore de 35 metros a través dunhas cordas!
|
Subindo á copa da árbore |
|
Plataforma na copa da árbore |
|
Adri chegando ó cumio |
|
Todo suado pero satisfeito coa selva de fondo |
Unha vez na copa da árbore había que decender 8 metros facendo rappel e despois cruzar por unha ponte tibetana ata outra copa doutra árbore.
|
Jaime rappelando ata a ponte tibetana |
|
Cris cruzando a ponte |
|
Adolfo na ponte |
|
A selva vista dende arriba... é precioso, prométovolo |
|
Nidos pendurados das árbores |
A seguinte actividade foi menos esixente, pero tan reconfortante ou máis que subir ás árbores. Fomos de excursión a Puerto Nariño a ver golfiños rosados, que é unha especie única do Amazonas. Eu só vin un rosado, pero bastantes grises. O certo é que o mellor do paseo dos delfins foi bañarse entre golfiños e pirañas no Loretoyacu, un afluente do Amazonas.
|
Vestidos de faena para navegar o Amazonas |
|
Baño no Loretoyacu |
A auga estaba tan quente coma a da bañeira, e era tan escura que non podías ver a túa propia cintura, así que por moita piraña que saibas que hai baixo os teus pés, é imposible chegar a miralas, "pero haberlas hailas". O caso é que a unha piraña ben mantida non se lle ocorre atacar a ningunha persoa, polo que son bastante inofensivas.
Coma sempre, máis perigosos somos os humanos para elas...
|
Facendo o parvo cunha piraña na man |
|
Trabándolle a unha piraña, quen é máis perigoso? |
A excursión ata Puerto Nariño foi moi relaxante e supuxo realmente o final da viaxe, xa que ó día seguinte só descansamos no hotel e despois marchamos cara ó aeroporto para voltar a Bogotá, á que non creo que ningún dos presentes botase moito de menos durante estas vacacións...
He descubierto tu blog. Está genial!! Muy bueno el comentario de los lagartos jaja. Un abrazo
ResponderEliminar