Colección de imáns para telepedidos |
Colombia é un país no que se pode conseguir de todo a domicilio case a calquera hora. Que queres almorzar? Podes chamar e tráenche o almorzo. Que estás de festa e xa non queda bebida? Podes chamar para que che traian máis botellas...
Esta é a miña colección de imáns para facer telepedidos. O certo é que xa viñan de serie co frigorífico e non lles din moito uso, pero gústame telos por se algún día me fan falta...
Cigarrería |
Viveres, rancho, lácteos, cervezas, licores, etc. |
Imán do supermercado. Sí, sí pódese chamar ó super e traénche todo! |
Farmacia 24 horas, por se necesitas un ibuprofeno ás 4 da mañá... |
E resulta curioso que ó día seguinte de escribir este post me meteran por debaixo da porta esta nova adquisición para a miña colección: VENTA DE QUEIXOS A DOMICILIO. Agora máis que nunca, e como di o título deste post, "Colmbia, todo a domicilio".
Queixos a domicilio, moi moi moi curioso |
jeje, que bueno :)
ResponderEliminar