|
Loro sen pico superior |
Como dicía onte, durante a Semana Santa aparte de descansar e aprender que as piñas non crecen nas árbores, tamén puiden ver unha chea de animaliños, uns máis bonitos que outros, a verdade...
|
Vacas con enormes orellas |
Estas son algunhas das vacas de Singapur. Non me lembro da raza, pero son moito menos xeitosas que as frisonas ou as rubias galegas. Estas son chepudas e teñen unhas orellas ENORMES.
|
Búfalos |
Nesta zona tamén se crían Búfalos e pódese comer a súa carne nos restaurantes da zona. Lamentablemente chegamos de noite e estaba todo pechado, así que terei que agardar a outra ocasión para probala.
|
Iguana trepando |
Pero entre tódolos animáis que vin hai que destacar que as iguanas foron as que máis me chamaron a atención. Estes lagartos son grandes de carallo! O que non sabía é que as iguanas, como os camaleóns, camúflanse no entorno. Na foto de arriba pode verse a unha iguana na súa cor natural rubindo a unha árbore. Na foto de abaixo, pola súa parte, pode verse outra iguana camuflada na copa dunha árbore.
Aínda que son uns bechos ben feos gustáronme bastante, será por aquilo de que non se ven animáis exóticos ceibes tódolos días...
|
Iguana camuflada |
No hay comentarios:
Publicar un comentario