Enlaces

martes, 3 de abril de 2012

Manu Chao, o retorno do Señor Matanza a Bogotá

Praza Bolívar ateigada horas antes do concerto de Manu Chao

Hoxe toca Manu Chao gratis na Praza Bolívar, o corazón de Bogotá. Realmente o lugar non da de sí para acoller a toda a xente que moviliza Manu nestas terras, e menos se o concerto é gratuito, así que eu non puiden entrar porque a praza estaba a reventar dende moitas horas antes de que él saíse ó escenario e de que eu rematase de traballar.



Unha mágoa, porque a verdade é que me gustaría poder ir ó concerto e ver a Manu Chao no escenario onde se grabou o vídeo dese gran clásico de Mano Negra que é Señor Matanza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario