La Dorada |
Pouco faltou para ter que me quedar en Bogotá durante a Semana Santa, pero por sorte saiume un plan de última hora e puiden coñecer un pouco máis deste país...
Virxe á beira do río Magdalena en La Dorada |
Desta vez tocou viaxar ata La Dorada, un pobo situado a unhas 3 horas e media de Bogotá en coche se hai sorte. Con mala sorte, coma na viaxe de volta, a cousa pode pasar das 6...
Virxe en San Miguel, Antioquia |
Como en Galicia, en Colombia tamén son típicos os petos de ánimas e as imaxes de santos nas encrucilladas. Non chegan ó nivel dos cruceiros de Galicia, pero como estabamos na Semana Santa, pois tireille unhas fotiños a algunhas.
Ventiladores no mercado de La Dorada |
La Dorada é terra quente, demasiado quente para min... Para demostrar o calor que hai deixo a foto de arriba, na que se ven ventiladores no mercado do pobo...
Río Magdalena ó seu paso por La Dorada |
Benvidos a Singapur |
Singapur é unha facenda gandeira de 2.000 hectáreas aproximadamente que ten máis cabezas de gando das que eu podería contar...
Piña |
Alí pasei uns días plenamente entregado ó descanso, pero tamén teño que admitir que foi unha fin de semana ben didáctica: aprendín a xogar ó Rummy-Q e ó tridominó e tamén aprendín que as piñas non crecen en árbores senón nun arbusto a ras de chan...
Ponte derrubada polo río La Miel |
Tamén puiden dar un paseo ata o pobo máis cercano á finca (San Miguel) e ver como o río La Miel está gañando terreo e levándose incluso por diante o camiño, o chan e as pontes que atopa polo medio.
Casiñas de San Miguel |
Vendedor de xuca a domicilio en San Miguel |
Así se escribe "casona" en Colombia, que pasa? |
Río La Miel |
Barcaza para cruzar o río La miel no pobo de San Miguel |
Volvendo a casa en lancha |
¿Seis horas para volver? Tenaz. Lo de las piñas también lo aprendimos nosotros allí.
ResponderEliminarMás de 6, pero no fue para tanto, hubo un momento en el que pensé que tardaríamos 16...
ResponderEliminar