|
Fachada principal da Basílica do Voto Nacional |
No post de onte xa poñía algunha foto da Basílica do Voto Nacional, pero gardeime un par de imaxes para hoxe que me chamaron moito a atención cando vin esta impoñente igrexa de cerca...
|
Basílica do Voto Nacional dende o costado oriental |
Esta basílica foi contruida en estilo neogótico e incluso garda certas semellanzas con Notre-Dame de París, pero eso non foi o que me chamou a atención.
|
Torre neogótica |
O curioso desta basílica son as súas gárgolas, menos famosas que as da citada Notre-Dame, pero moito máis curiosas, xa que teñen formas de animais autóctonos. Deste xeito, pódense admirar caimáns, tartarugas, pumas ou iguanas (como se ve na foto inferior), entre outros. O dito, moi pero que moi curiosas.
|
Gárgolas da Basílica do Voto Nacional de Colombia |
No hay comentarios:
Publicar un comentario