|
Rúa de Quito cun protagonista involuntario. Estes son os teus 15 minutos de fama amigo... |
O meu primeiro contacto con Ecuador foi a súa capital: Quito.
|
Praza Grande |
Quito é unha cidade preciosa, co casco vello máis grande e mellor conservado de Latinoamérica, polo que paga moitísimo a pena pasealo ben a fondo e sen presas para sentir o seu encanto colonial.
|
Catedral primada de Quito |
Unha das curiosidades da cidade vella de Quito é que foi o primeiro en ser nomeado Patrimonio da Humanidade pola Unesco xunto co de Cracovia, onde tiven a oportunidade de vivir durante 8 meses.
|
Rúa de Quito |
A cidade é espléndida, pero ten un clima un pouco raro, e é que cando está despexado vai un calor tremendo, pero en canto unha nuve cubre o sol fai falta poñerse unha chaquetiña por mor do fresco; e todo en cuestión de minutos. No meu caso foi suficiente media horiña de sol intenso para chamuscarme o pescozo e a parte superior das orellas...
|
Unha das múltiples igrexas da cidade |
Outra das cousas que me chamaron a atención foi que as igrexas (moi abundantes) da capital ecuatoriana son todas de dúas cores: a fachada principal mantense na pedra orixinal, mentres o resto está cuberto de cal branca, polo que son unha mistura entre as igrexas de pedra que coñecemos no norte de España e as igrexas brancas de estilo colonial que vexo últimamente por este recuncho do mundo.
|
Teatro Bolívar no centro de Quito que foi devorado polo lume hai ano e medio |
Pero sen dúbida, o máis característico de Quito son a cantidade de volcáns que rodean a cidade. Dende os miradoiros poden albiscarse ata 16 volcáns nos días máis claros. Eu tiven a mala sorte de que me tocaron días moi anubados, polo que me quedei coas ganas de ver algúns volcáns nevados tan espectaculares coma o
Cotopaxi ou o
Cayambe. O que sí que non tiven problemas en admirar foi o Pichincha, un volcán situado na beira da cidade; tan achegado está a Quito que, de feito, marca a súa marxe occidental.
|
Volcán Pichincha |
Podería dicir moitas cousas máis desta preciosa cidade, pero todo se resume en que Quito é a cidade máis bonita das que levo visto nesta beira do Atlántico e estou seguro de que é unha das máis bonitas de toda Latinoamérica, sen dúbida.
|
Rúa de Quito cunha parte do Pichincha ao fondo |
|
As casas pintadas en cores "pastel" danlle un toque moi fermoso ó casco vello |
|
Estatua no medio da Praza da Independencia (ou Praza Grande) |
|
Basílica do Voto Nacional ó fondo |
|
Igrexas en dúas cores, unha das características da cidade |
|
Fachada do Teatro Bolívar |
|
Un pouco de autobombo, por que non? |
|
Estatutas de Don Quixote nun dos floridos balcóns quiteños |
|
Fachada principal da Basílica do Voto Nacional |
|
Unha das empinadas rúas da cidade |
|
Basílica do Voto Nacional, un dos sinais de identidade da cidade |
|
Monumento de homenaxe ós libertadores |
|
Outra rúa con encanto (coma a maioría das rúas do centro) |
|
Eu onda o Mariscal Sucre, un dos meirandes próceres da independencia da Gran Colombia |
No hay comentarios:
Publicar un comentario