|
Mirador sobre o lago |
Antes de seguir comentando a viaxe a Ecuador imos voltar un momento a Bogotá, concretamente ó Parque Metropolitano Simón Bolívar, a principal zona verde da cidade.
|
O lago é unha parte fundamental do Parque Bolívar |
En Bogotá fachendéan de que este parque é meirande que o Central Park de Nova York. Comparacións aparte hai que dicir que o Bolívar é un lugar perfecto para o esparcemento, con camiños e pistas para correr, parques infantís a moreas, hectáreas e hectáreas de céspede, un xardín botánico, un parque de atraccións e, principalmente, un gran lago que está sempre presente independentemente da zona do parque na que se esté.
|
Carpas amoreadas no lago |
O Parque Bolívar tamén é o escenario dalgúns dos concertos que se celebran na cidade, moitos deles organizados polo concello. O próximo vai ser "Rock al parque", un evento anual que se celebra dende 1995 onde tremerán os alicerces de Bogotá e que non me penso perder porque, entre outras cousas, é de balde... Outros eventos organizados pola alcaldía son "Ópera al parque", "Jazz al parque", etc. En canto os concertos privados, hai non moito estiveron tocando os Red Hot Chili Peppers.
|
Un de tantos recunchos onde esparcerse |
As zonas de céspede son perfectas para xogar todo tipo de deportes, entre eles o "ultimate frisbee", que aprendín a xogar hai pouco e que penso seguir practicando no parque tódalas fins de semana cun grupiño de amigos.
|
Barquiñas e os cerros orientais ó fondo, unha paisaxe con encanto |
Unha das mellores cousas do Bolívar é que a capa de árbores apenas deixa ver os edificios, polo que parece que se atopa un noutro ambiente, axudando a esquecerse por un momento de que esta cidade ten 10 millóns de habitantes...
|
A relixión está tamén presente... Coma en case todo en Colombia... |
No lago pódese pasear en barquiñas alugadas, cousa que non fixen pero que non descarto facer algún día...
|
Atardecendo no Parque Metropolitano Simón Bolívar |
Ademáis, no lago abondan as carpas, patos, garzas e outras aves, dándolle un toque máis natural...
|
Garza á beira do lago |
|
Patiños desfrutando lonxe da xente |
Eso sí, ás veces a natureza xoga malas pasadas...
|
Cagado por un paxaro, cousas da natureza... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario