|
Latitude 0º 0' 0" |
Poucos minutos ó norte de Quito está a Metade do Mundo, a liña pola que pasa o paralelo 0 e que marca a fronteira entre o Hemisferio Norte e o Hemisferio Sur.
|
Foto dende o Hemisferio Norte co monumento da Metade do Mundo ó fondo |
Aproveitando este lugar simbólico, en Ecuador construiuse un monumento bastante feo e debuxouse no chan esa liña imaxinaria que divide o mundo en dous.
|
Foto dende o Hemisferio Sur (moi diferente ó Norte...) |
Foto curiosa esa na que podes ter unha perna en cada hemisferio. Sería moi bonito que fose certo, porque realmente o Ecuador pasa aproximadamente 200 metros ó norte deste monumento...
|
No medio, coma o xoves |
A liña do Ecuador pintouse baseándose nos cálculos feitos con ferramentas e aparellos que non eran precisos ó 100%, por eso cando apareceu o GPS levaron un chasco e descubriron que pintaran mal a liña. Cousas da vida, pero creo que tampouco lles importou moito, porque o monumento xa estaba construido e non tiñan ningunha gana de movelo de sitio.
|
Unha perna e un coll... en cada hemisferio |
Aínda así, a foto sobre a liña da Metade do Mundo é un souvenir que todo visitante de Quito debe levar consigo, e pouco importa que a ubicación da liña non sexa exacta, porque o certo é que 200 metriños non son nada co grande que é o mundo...
|
Máis do mesmo, unha perna en cada hemisferio |
Pero se algún se queda coas ganas e quere estar exactamente no Ecuador, pode visitar un museo amateur que creou un fulano onde se poden facer algúns experimentos que só teñen sentido sobre o paralelo 0, como por exemplo, poñer un ovo de pé, comprobar que é imposible camiñar en liña recta cos ollos pechados, etc.
|
Facendo equilibrios sobre o Ecuador |
|
Servindo de marco para os turistas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario