Parque Lleras, unha zona repleta de bares, restaurantes e discotecas |
O Parque Lleras é un dos epicentros da marcha en Medellín. Como o meu plan na cidade era máis turístico que festeiro, non me pareceu gran cousa; pode resumirse como unha praza axardinada rodeada de bares, restaurantes e discotecas. Nada do outro mundo.
Posando coa miña característica falta de estilo |
O peor de todo foi que o meu hostal estaba xusto nesta zona e máis dunha vez espertei co son do reggaetón reventándome os tímpanos... Pódovos asegurar que espertar ás 3:30 da mañá cun ruido tal que semelle que o mesmísimo Don Omar está cantándoche ó oído é bastante desagradable.
As estatuas de xente en pelotas sempre son un bo reclamo |
Aínda así, hai cousas que pagan a pena no Lleras, como darse un paseo pola tarde antes de que abran os bares e poñan a música a todo volume cos altofalantes virados cara á rúa, convertindo o panorama sonoro nunha mistura inaguantable de chunda chunda, reggaetón, salsa, bachata e vallenato...
Vista do centro do Parque Lleras |
Pero o mellor de todo é tomarse algo nun bar situado na terraza dun hotel do que non lembro o nome. Dende esa terraza hai unhas vistas espectaculares de Medellín, pero non levaba a cámara comigo cando subín, así que non teño fotos para amosar.
Hostal Lleras Park. Recomendable? Pois non de todo... |
O Hostal Lleras Park foi a miña casa durante os dìas que pasei en Medellín; un lugar pouco recomendable polo ruido da marcha (escoitábase máis a mùsica no meu cuarto que na rúa) e non destaca pola súa limpeza tampouco... Pero bueno, é barato, e eso sempre se agradece...
Comendo un pouco de lixo |
Resumindo, o Parque Lleras está ben para "ir de rumba" como se dí en Colombia, pero pouco máis, polo que se non vas con ese plan a Medellín, mellor que non collas un hotel pola zona porque non vas poder pegar ollo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario