Rajoy en pleno discurso |
Resulta que Mariano veu de visita a Bogotá. Non me estrana, porque tal e como andan as cousas por España, máis lle vale escapar todo canto poida para que non se lle bote ninguén á chepa...
En directo é tan mal orador como se ve na televisón ou incluso peor. Plano, falto de carisma e cun discurso alleo que, probablemente, lía por primeira vez, o que se nota á hora de transmitir a mensaxe. Cero patatero. Unha mágoa, pero é así. Non me estrana que os Parlamentarios españois durman ta a gusto (ou non vaian) ás sesións do Congreso...
Juan Manuel Santos comezando o seu discurso |
Por outra banda, tamén estivo Juan Manuel Santos, o presidente de Colombia, dando o seu discurso. Moito mellor orador que Rajoy con diferencia. Hai que ter en conta que Santos falaba do seu país, polo que é un tema que domina amplamente, mentres que Rajoy falaba das relacións bilaterais entre España e Colombia, das que probablemente non teña nin idea; pero o feito é que Santos deu un discurso completo e coherente sen apenas mirar os seus papeis e involucrando ó auditorio coas súas palabras, o que é de agradecer.
Entrando nos contidos, Rajoy limitouse a falar de datos e cifras para detallar as relacións comerciais entre ámbolos dous países. Santos, pola súa parte, non dubidou en tirarlle algún puñal ó presidente do goberno español, dicíndolle á cara que os recortes non son unha forma axeitada para sair de ningunha crise. Zas! Rajoy debeu quedar flipado coa crítica que lle caeu gratuitamente... E despois Santos aínda lle tirou tamén algunha pedra contra os ianquis. Moi pero que moi divertido. Ademáis, tamén tivo palabras de autocrítica para o seu propio país polas desigualdades existentes, cousa que non me esperaría escoitar de ningún político español...
Aparte destes momentos de crítica impagable, Santos tamén se permitiu algunha burrada como dicir que hai que eliminar a pobreza porque "un pobre menos es un consumidor más". Aí queda eso.
Gustavo Petro |
Nos 90 o M-19 disolveuse e integrouse nas Cortes Constituintes das que saiu actual Constitución de Colombia. Un inusual caso de éxito no que un grupo armado abandona as armas para integrarse normalmente na vida pública ata chegar a acadar a alcaldía da capital do país. Imaxinades algo así en España?