Enlaces

sábado, 4 de agosto de 2012

O museo do ouro


Fachada principal do Museo do ouro
Colombia é o país onde naceu a lenda de El Dorado que tanto fascinou ós conquistadores epañois cando arribaron a este continente, polo que hai poucos sitios mellores nos que adicarlle un museo a este preciado metal.

Caracola de ouro empregada como trompeta
Agochada nun edificio máis ben feo, atópase unha impresionante colección de arte en ouro que os colombianos precolombinos desenvolveron ó longo de séculos. Por que traballan tanto o ouro? Pois porque é amarelo, coma o sol.

Barca muisca, a peza principal do museo

Unha das pezas máis singulares do museo é a barca de ouro que se ve na foto de arriba. Esta barca representa un ritual no que o cacique navegaba ata o centro da laguna de Guatavita (El Dorado) e tiraba no seu interior pezas de ouro e esmeraldas. Para os muiscas o ouro representaba ó sol e á masculinidade, ó tempo que as lagunas representaban a feminidade. En poucas palabras e sen simbolismos místicos, o ritual consistía en meter toda a masculinidade posible nun burato húmido... A humanidade sempre foi así de simple...

As coroas servían para identificar ós caciques co sol (se Baltar pillara unha...)
O cacique era o representante do sol, por eso debía cobrirse de adornos de ouro que o identificasen co astro. Eso sí, aínda que sol só hai un, os muiscas non eran parvos e dividían o poder en dous caciques, porque sabían ben que o exceso de sol queima, así que o reparto do poder evitaba que ós caciques se lles fose a man.

Creo que esto non era exactamente o que quería facer o orfebre...
Aínda que os nativos precolombinos traballaban moito o ouro, non acadaron as cotas de perfeción doutras culturas moi anteriores. A súa grande aportación foi a aleación. Dominaban a mezcla do ouro con outros metais, o que lles permitía xogar coas tonalidades e o brillo das súas pezas. Esto serviulles para enganar (sen maldade) e anoxar enormemente ós españois, que cando fundían as pezas descobrían que ata un 75% do metal obtido era cobre... Aínda así ceo que saían gañando coas súas transaccións...

Ollo con este conxunto de xoias, que hai un cobrepichas!


Máscaras de ouro

Representación do sol: un fulano cunha coroa de raios transportado por aves

Conxunto de xoias dun cacique (esta vez sen cobrepichas)

As salas do museo son auténticas caixas fortes

Diorama sobre a vida precolombina

No hay comentarios:

Publicar un comentario