 |
| Construtores |
Este 6 de agosto Bogotá fai 473 anos e hai que celebralo! Os primeiros eventos conmemorativos deste acontecemento tiveron lugar esta fin de semana, pero estenderanse todo o mes: desfiles, concertos, habiliación dunha praia no
Parque Simón Bolívar, etc.
 |
| Espigas de millo danzando |
Hoxe celebrouse o desfile de comparsas das 20 localidades que compoñen Bogotá. É curioso, pero este desfile é o máis parecido ó entroido que vin nesta cidade, porque o entroido nas datas tradicionais non ten seguemento.
 |
| Feixes de ladrillos |
No desfile houbo moita referencia á construción, ás colleitas, a criaturas fantásticas e animais e vexetación exótica. Todo moi pagano e con moito sentido para un aniversaro dunha cidade coma esta. Por outra banda, tamén desfilaron algunhas comparsas disfrazadas de alieníxenas, paiasos e outras cousas ás que, sinceiramente, non lles atopo moito sentido para un evento destas características, que non é un entroido (aínda que poida parecelo).
 |
| O brasileiro este desfrutou máis que en Río |
|
Teño que dicir que me gustou moito ver tanta cor, tanta ledicia, tantas coreografías máis ou menos vistosas e tanta percusión e música de vento (algunha moi tropical, outra, sorprendentemente, moi balcánica; desfrutei moito coa comparsa de Usaquén, que apareceu tocando Kalashnikov!). O certo é que pasei un bo anaco con este desfile. Tamén desfrutou o brasileiro da foto, que non parou de tirar fotos en ningún momento; eu creo que desfrutou máis deste espectáculo que dos famosos carnavais do Brasil...
 |
| Zancudos caracterizados de bestas fantásticas |
Durante unhas horas desfilaron polo centro da cidade comparsas, xigantes e cabezudos; que polo que vexo, son garantía de éxito en calquera recuncho do mundo (aquí trunfan especialmente os zancudos, non había comparsa que non levase entre un e un cento deles).
 |
| Cabezudos, un clásico |
Tamén sacaron de paseo a algunhas mozas sen xustillo, que eso tamén é unha garantía para manter o interese, o meu polo menos...
 |
| Carroza con mozas en pelotas. Pagou a pena vir |
 |
| Bolívar non podía faltar |
 |
| Maqueta de Bogotá |
 |
| Paisanos que veñen de facer a colleita |
 |
| Ents! |
 |
| Colleita móvil |
 |
| Colombianos de diferentes épocas danzando |
 |
| Loros trompetisas que ían tocando Kalashnikov, de Goran Bregovic. Boísimo! |
 |
| Mozas desfrazadas de moedas sexy (apretadas e cunha perna ó aire), Colombia é así |
No hay comentarios:
Publicar un comentario