Traxe e cofia é a combinación que se levará na vindeira tempada primavera-verán |
Debedes saber que ás veces tamén traballo... Acompañando a unha empresa de enxeñaría de Seguridade Industrial tiven a ocasión de visitar unha chea de empresas. En ocasións a sorte foi doble porque tiven a oportunidade de entrar en varias prantas de producción... todo un agasallo para min, que son Técnico superior en prevención de riscos laborais... Nunca pensei que fora a execer de algo medianamente relacionado con este tema, pero ás veces a vida sorpréndete. Eso sí, prefiro poñerme o casco nas siderúrxicas, empresas de automoción, etc. que poñerme a cofia e a bata nas empresas de alimentación...
No hay comentarios:
Publicar un comentario