Algunha vez quixestes un bolso cun estampado de Cola Cao? |
Despois de tantos meses escribindo sobre o que fago por estas terras xa estaredes cansos de ler cousas sobre min e este país, así que vouvos dar un descanso aproveitando que, por unha vez, teño algo interesante que contar...
Non hai dous iguais! |
Quixera recomendarvos o blog que acaba de comezar hai uns días a miña irmá, que despois de pasar moitos meses no paro, por fin se decidiu a iniciar este proxecto ó que levaba tempo dándolle voltas. Dende aquí quero aproveitar para darlle folgos e desexarlle que todo saia mellor do que ela mesma imaxina. ÁNIMO E SORTE!
Outro deseño da miña irmá |
Invítovos a que pasedes a cotío polo seu blog e, se vos gusta algo, xa sabedes, rascádevos o bolsillo. Os homes non vos fagades o sueco e entrade tamén, que quizáis atopedes algo para agasallar ás vosas mozas, nais, avoas, tías, curmás, amigas, amores platónicos ou á veciña do quinto... Aquí tendes o enlace (sí, outra vez):
Gracias hermano!!!! :-)
ResponderEliminar