Mercado de San Alejo coa Colpatria ó fondo |
Os domingos e festivos ten lugar ó pé da Torre Colpatria o "Mercado de pulgas de San Alejo", un dos máis sonados da cidade.
Tamén se poden atopar vinilos no mercado para que estes aparellos non sexan inútiles de todo |
San Alejo está especializado en cousas de vello, aínda que tamén se poden atopar outros artigos novos coma posters, figuriñas "frikis" e outras cousas que non veñen a conto. Sobra dicir que todo o encanto deste mercadiño depende dos aparatos de segunda man.
Trapalladas |
Resulta moi cómico pasear entre centos de aparellos que algunha vez tiveches na túa casa e dos que te desfixeches por inútiles, pero polos que algunha xente está disposta a pagar uns bos cartos... Estou seguro de que a maioría das cousas que se merquen aquí volverán acabar no caldeiro do lixo en canto os nostálxicos compradores fagan unha limpeza a fondo do seu trasteiro. Exemplo, quen pode querer unha cámara de fotos automática dos anos 90? (non unha reflex, unha cutre) Nin decora nin hai carretes á venda para elas...
Antigüidades |
Compartindo espazo con moreas de cousas inútiles están expostas algunhas auténticas antigüidades que sí merecen chamarse como tal e das que se pode chegar a entender que teñan algún valor, aínda que exclusivamente decorativo, claro. Así, en San Alejo pódense mercar caixas rexistradoras, bicicletas, sillas de dentista, máquinas de coser e mobles restaurados así como reproductores de VHS, cámaras de fotos, reproductores de DVD (sí, xa se poden catalogar como antigüidade...), máquinas de escribir, reproductores BETA (en serio), teléfonos móviles, cargadores y un largo etcétera de tecnología obsoleta.
Ejemplo de una presentación nefasta de la mercancía |
Estou seguro de que a miña vella Supernintendo (que a min xa me regalaran de segunda man) aquí tería un valor incalculable...
Santoral incompleto claramente, falta San Pancracio!... Ó fondo figuras "frikis" |
Ó final piquei e merquei unhas moedas para agasallar ó meu pai polas que sospeito que paguei máis do que valían, pero realmente a cousa non foi grave en absoluto, e máis tendo en conta que neste país falar un castelán correcto (sen ánimo de ofender), eleva o prezo da maioría de transaccións...
Un morteiro! Apostaría algo a que aínda se podería utilizar... |
En definitiva, San Alejo é un lugar axeitado para pasar unha mañá de domingo agradable sen máis pretensións que as de botar unhas risas lembrando aquelo que no seu día foron "gadgets" de última xeración e, de paso, espertar un pouco de morriña polos tempos pasados e concienciarse de que os anos non pasan en balde e que xa imos para vellos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario