Lago de Quilotoa |
A última das excursións que fixen en Ecuador foi a Quilotoa, onde hai unha laguna dentro do cráter dun volcán apagado.
Asomando ó lago polo empinado sendeiro de descenso |
Chegar a Quilotoa é barato e relativamente sinxelo (basta con coller un autobús dende Quito a Latacunga e dende Latacunga outro autbús ata Quilotoa) e barato (aproximadamente 7 dólares). Pero que sexa sinxelo non quita que sexa un desprazamento longo...
Unhas das paisaxes máis fermosas que nunca vin |
Houbo que invertir unhas 6 horas para chegar e 5 para regresar a Quito, pero podo garantizar que a paliza paga a pena. Quilotoa é, sen dubidalo, un dos sitios máis fermosos que tiven a oportunidade de ver na miña vida.
O azul da auga de Quilota é espectacular |
O único do que me arrepinto é de non ter quedado a pasar unha noite neste lugar para poder aproveitar a fondo algunhas das actividades que se poden realizar no lago: paseos en lancha motora, en kaiak, a cabalo, a pé, etc.
Trazado do sendeiro para descender ata a beira do lago |
Se algún día tedes a oportunidade de viaxar ata a capital ecuatoriana, non deixedes pasar a posibilidade de achegarvos ata este incrible cráter volcánico e baixar polo recén remodelado paseo que vai dende a aldea (apenas 10 casiñas mal contadas) ata a beira mesma da auga.
Águia sobrevoando os Andes |
Quedoume a pena de non poder ver a ningún cóndor sobrevoando esta zona da cordilleira andina, pero a cambio sí que había unha chea de águias, falcóns e gaviáns. De tódolos xeitos non perdo a esperanza de ver ó mítico cóndor nalgunha das miñas próximas excursións...
Dentro do cráter hai un hoteliño |
E para rematar, unha recomendación para cando poidades achegarvos a Quilotoa, por se vos apetece pasar a noite alí; que saibades que hai un hoteliño dentro do cráter. Curioso, non sí?
No hay comentarios:
Publicar un comentario