|
O volcán Imbabura: 4.556 metros sobre o nivel do mar |
Como dicía onte, Otavalo non é gran cousa, pero a pouco máis de media hora en autobús e 25 centavos de dólar, está o volcán Imbabura e a laguna de San Pablo, un lugar ben bonito ó que sí que paga a pena achegarse.
|
O volcán Imbabura ás miñas costas |
O Imbabura está extinguido dende hai miles de anos, polo que non representa perigo algún e, certamente, non se diferencia gran cousa dunha montaña calquera. Aínda así, a un sempre lle fai ilusión saber que está diante dun volcán de máis de 4.500 metros de altura...
|
Á beira da laguna de San Pablo |
Xusto ó pé do volcán está a laguna de San Pablo, que é bastante pequeniña (uns 3 quilómetros de longo) pero que conta cunha paisaxe preciosa en toda a súa contorna.
|
Os paseos en barca son un dos atractivos da laguna de San Pablo |
Na laguna hai unha área de lecer onde poder comer, botar un partido de fútbol, voley (o deporte favorito dos ecuatorianos) ou simplemente estomballarse na herba a tomar o sol ou o fresco (a diferencia de temperatura é enorme cando de súpeto as nubes cobren o ceo).
|
Un menú curto pero típico |
Precisamente nesta área de lecer desfrutei dunha das comidas máis auténticas da miña vida: un filete de tilapia (peixe pescado no lago) con choclo asado (millo), patacas, arroz e leituga nun sitio onde estaba completamente rodeado de ecuatorianos, sen ningún outro turista á vista en moitos quilómetros á redonda.
|
Comendo nun garito de domingueiros ecuatorianos |
Todo esto por só 3 dólares bebida incluida, que non era pequena precisamente. En Galicia teríanme cobrado 3 euros só pola cervexa...
|
Lucindo o meu gorro de humahuaqueño |
En Otavalo non tiven moitas ganas de mercar nada, pero nun sitio tan auténtico coma este non puiden evitar a tentación de mercarme un gorriño típico... Bueno, en realidade é típico do Perú, pero hoxe en dìa non hai fronteiras. O caso é que a min gustoume e merqueino...
|
Botando unha pachanga co traxe tradicional |
Ningún ecuatoriano levaba un gorro coma o meu, pero sí que adoitan vestir cos seus traxes tradicionais, especialmente en zonas rurais coma esta. Así, non foi difícil ver a algunha ecuatoriana xogando ó fútbol co seu traxe tradicional. Supoño que sería de reglamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario