O monumento máis grande de Colombia |
Boyacá é a rexión onde se decidiu a independcia de Colombia, de feito, o propio Simón Bolívar nomeuna "cuna y taller de la libertad".
Chaira onde se librou a batalla do Pantano de Vargas |
Un día coma hoxe de 1819 librouse no Pantano de Vargas unha das batallas máis decisivas da campaña iniciada por Bolívar dende Venezuela e que deu como resultado a liberación do virreintato de Nueva Granada, que comprendías as actuais Venezuela, Colombia, Panamá, Ecuador e Costa Rica, ademáis de zonas de Perú, Brasil e Guyana.
Cerro dende o que Bolívar dirixiu a batalla |
A batalla do Pantano de Vargas estivo totalmente inclinada do lado español e nada facía pensar nunha derrota; porén, a última hora, coa noite prácticamente enriba, o Coronel Rondón acompañado por 14 lanceiros a cabalo iniciaron unha carga que cambiou o signo da batalla e da guerra. Un golpe de xenio e unha boa dose de sorte que serviron de agasallo a Bolívar polo seu aniversario, que fora o día anterior. Hoxe en día estes lanceiros son considerados heroes da patria e na súa honra ergueuse o monumento máis grande de Colombia.
En primeira liña de batalla |
Doce días despóis da batalla do Pantano de Vargas tivo lugar a batalla definitiva, tamén en Boyacá, desta volta cunha victoria máis sinxela para o bando "patriota" liderado por Bolívar. Tras esa derradeira victoria o camiño a Bogotá quedou libre e o Imperio español perdeu para sempre o goberno sobre esta ampla rexión latinoamericana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario