|
Que lindo! Por certo que sí! |
A primeira parada da excursión por Boyacá foi Jenesano, un deses pobos tan pequenos que non saen nas guías turísticas, pero que paga a pena coñecer.
|
Parque principal de Jenesano |
O maior atractivo deste pobo é a praza central (en Colombia dise "parque principal", porque a praza é onde se merca....), onde destacan a impoñente igrexa e a casa do concello, que están moi ben acompañadas por lindas casiñas de paredes brancas e fiestras e balcóns verdes.
|
Casa do concello |
Jenesano é un pobo tranquilo, tan tranquilo que apenas hai movemento polas rúas... Nós chegamos ás 7:15 da tarde e xa non quedaba un alma, ata que comezou a festa...
|
Casiña no parque principal |
Deu a casualdade de que o día que pasamos en Jenesano tocaba unha orquesta (de tres persoas) nun dos bares do pobo, así que houbo festa rachada para a multitude (unhas 50 persoas) que se achegaron a desfrutar do evento. Xuraría que esta verbena foi a maior festa de todo o ano por detrás das festas patronais... As rapazas do grupo desfrutaron especialmente xa que os jenesanos non deixaron pasar a oportunidade de sacalas a bailar tantas veces como puideron. Todo un espectáculo.
|
Monumento en honra dos muiscas |
Na praza do pobo tamén se atopa un monumento de dubidoso gusto en honra da cultura muisca, que eran os poboadores da rexión central de Colombia cando chegaron os españois. Básicamente, pódese dicir que eran eses ós que lle roubaron o ouro a cambio de espellos... Os creadores da lenda de "El Dorado".
|
Parella de muiscas |
Nun cartel situado ó lado do monumento fachendéase de que é o máis bonito de toda Colombia e que pronto será considerado unha das marabillas da humanidade... Ó colombianos gústalles esaxerar un pouco...
|
O monumento en detalle |
Jenesano non é máis que unha fermosa praza principal e catro rúas con
moito encanto, pero eses contados atractivos foron suficientes para
deixarme coa boca aberta. Colombia rural de auténtica, sitios que de
verdade paga a pena visitar.
|
Parece que as muiscas xa coñecían a silicona... |
|
Uns cocodrilos moi inquietantes forman parte do monumento |
|
Estela muisca |
|
Paisano jenesano |
|
Rúa de Jenesano |
|
A igrexa dende lonxe |
|
Outra rúa |
|
Camiño do cemiterio |
|
Casa jenesana |
|
O río que atravesa Jenesano. Ollo cos desaugues, que verquen directamente no río |
|
A misa é o acontecemento e punto de encontro semanal |
|
Autobús escolar |
|
Inspiración Tropicana, todo un acontecemento! |
|
Vista interior da igrexa |
|
Orixinal decoración no teito da igrexa |
|
Unha curiosidade: cada elemento da igrexa ten unha placa co nome do doante |
|
Casa da cultura de Jenesano |
No hay comentarios:
Publicar un comentario