|
Batman e Robin, uns clásicos |
O domingo celebrouse a marcha do orgullo gay (e lesbiana, transexual, etc.) en Bogotá. Colombia segue a ser un país no que queda moito por facer e reivindicar en materia de igualdade de dereitos e de trato, así que manifestarse aquí ten doble mérito xa que nesta sociedade tan machista os homosexuais seguen a verse coma enfermos, dexenerados e todos eses adxectivos que xa coñecedes. Enfermos non, pero horteras... Sinceramente, non creo que haxa moitas cousas máis horteras que un desfile gay, pero paga a pena pasarse un rato a apoiar e a curiosear tamén, por suposto.
|
A carroza máis elaborada de todas |
O certo é que o desfile é un pouco amateur e as carrozas non eran máis que camións con equipo de son, globos, fulanos en gallumbos e transexuais vestidas de Norma Duval. A carroza que máis me gustoufoi o tanque gay porque se vía que polo menos lle botaran un pouco de imaxinación. Pola contra, a carroza de Master Venus (un grupo local) nunca debeu sair da casa, polo menos non con micrófono e altofalantes... Menuda dor de cabeza!
|
Norma Duval |
|
As amigas de Batman e Robin |
|
Master Venus... con dúas cancións poden reventarvos os tímpanos! |
|
Globos, fulanos en gallumbos e camións |
|
Máis gallumbos |
|
Quería ser unha princesa, pero acabou sendo un chourizo embutido |
|
Algunha que outra pluma |
|
Máis carne... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario