Cartel de presentación da mostra |
O xoves pasado comezou a Mostra de cinema español en Colombia. A proxección inicial foi Flamenco, flamenco, de Carlos Saura. Non é unha película, nin un documental, só unha serie de videoclips consecutivos das grandes estrelas do flamenco.
O embaixador, o conselleiro cultural e o director da cinemateca de Madrid na cerimonia inaugral |
Non hai presentación, nó nin desenlace; non hai un argumento nin unha vontade real de amosar que é o flamenco nin a súa historia e evolución. Así que lonxe de ser unha película, boa ou mala, é máis ben un programa de videos da MTV. Demasiado para min, e demasiado para moitos colombianos que se foron antes de rematar a proxección (eu calcularía que un 20% abandoaron a sala antes de rematar o filme)...Mentres a xente saía, non podía deixar de imaxinar cómo sería a estrea en Andalucía dunha película deste tipo sobre o vallenato, por exemplo.
Tomando posicións para o evento |
Pero coma sempre, son eu o que está equivocado, porque ó final da proxección o públic que quedaba aplaudiu con ganas... Cuestión de gustos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario