A miña primeira visión do Rock al parque 2012 |
Entre o 30 de xuño e o 2 de xullo celebrouse en Bogotá a edición 2012 de Rock al parque, 3 días de música con entrada gratuita nos que se xuntan milleiros e milleiros de persoas para desfrutar do festival máis grande de Latinoamérica.
Blonde Redhead, un auténtico coñazo |
O certo é que Rock al parque non é só rock, tamén hai pop, reggae e outros estilos, algúns deles inclasificables (Los pirañas son o mellor exemplo de música inclasificable). Polos 3 escearios do Parque de Bolívar pasaron bandas para case tódolos gustos...
Esceario principal ateigado de xente |
As grandes estrelas desta edición foron Charly García, un ídolo arxentino que xa ronda os mil anos e do que descoñecía completamente a súa exisencia ata que consultei o programa do festival, a pesares de que é unha lenda viva do rock (ou eso parece); e NOFX, unha banda desas de toda a vida pero que nunca seguín de preto.
Sistema Solar, uns colombianos moi divertidos |
Pero eu non me me quedei a ver a ningún destes cabezas de cartel... A gran atracción para min era outra, pero ata mañá non penso desvelar a incógnita...
No hay comentarios:
Publicar un comentario