O mellor de Colombia? Esto (máis os que faltan) |
Como non todo vai ser negatividade, sí que hai cousas que teño que admitir que me gustan, algunhas moito:
- Riqueza natural. Pouco hai que dicir: paisaxes, vexetación, animais que para min son moi exóticos, etc.
- Amabilidade. Aínda que ás veces demasiado pomposa. Nunca na miña vida me charan "su merced", e agora pásame algunhas veces por semana.
- Clima. Temperatura suave todo o ano, incluso en Bogotá, que ven sendo frío para o que é o país, pero non hai comparación cos nosos invernos...
- Zumes. Estoume acostumando a comer con zumes en vez de con auga, e gústame!
- Algunhas comidas. A cociña colombiana non é o mellor do mundo, e está moi pordebaixo da española en xeral e da galega en particular... Aínda así non me disgustan as mezcolanzas que se fan aquí: arroz con froitas, arroz con lentellas (sí, sí arroz con lentellas, non lentellas con arroz), as salsas picantes, a ensalada con fresa, a bandexa paisa, os "frijoles" colorados e negros, os corrientazos en xeral, etc. O que detesto é comer sen pan!
- Supermercado aberto 24 horas. Tal e como sona.
- Ximnasio aberto 24 horas. Se algún día me apunto gustarame saber que podeei ir facer spinning ás 3 da mañá se me apetece (quepaís de tolos...).
- Ciclovía. 120 quilómetros de rúas en Bogotá tódolos domingos e festivos para que a xente saia a camiñar, patinar, pedalear, etc.
- O sistema político. Máis baseado nas persoas e menos nos partidos. O malo é que a maioría destas persoas son uns fillos de puta... Aínda así, o sistema gústame máis que o de España.
- A miña panda. Aínda que esto non é mérito do páis, senón casualdidade de que nos xuntaramos aquí...
e outras moitas cousas que me reservarei para comentar ó final da estadía no país, se me lembro, ou se non cambio de parecer de aquí a alá...
No hay comentarios:
Publicar un comentario