|
La Querendona, a nosa chiva |
Esto xa foi hai case un mes, pero aínda non me dera tempo a publicalo... As
chivas son os autobuses típicos de sudamérica, eses que imaxinamos circulando por estradas de terra imposibles ó borde de
precipicios cargados de vellas, galiñas, cans, etc. Coa sùa pintura de cores chamativas estes buses pasan por ser un dos elementos máis característicos desta zona.
Hoxe en día en Colombia xa caeron en desuso, aínda que sí que vin unha chiva activa cando estiven en Taganga,
botádelle unha ollada ás fotos. Agora algunhas chivas recuperadas gozan dunha segunda vida como discotecas ambulantes, así que viaxar nelas hoxe en día non che é o mesmo que hai anos... En Bogotá pódense alugar estes vehículos convenientemente tuneados (sen asentos, con equipo de música, etc.) para que te paseen pola cidade con reggetón a todo volume, facendo unha festa un tanto diferente e visitando algúns dos miradores naturais da cidade.
|
Te besé y te dejé un bebé |
Aproveitando o aniversario de Eloy alugamos unha chiva para ver de qué ía o conto. Ó final resultou ser bastante divertido aínda que un pouco perigoso, xa que cos aceleróns e frenazos (unidos ás copas), quen máis quen menos levou algún golpe...
|
"Comando chiva" |
|
Facción galega do "comando chiva" |
|
Sacando fotos coa nosa chiva |
|
Fotos mentres posamos para outra foto |
E como era o aniversario de Eloy, pois aproveitamos para agasallalo cunha tarta en forma de chiva, aínda que pola cor pareza un taxi. Unha tarta para 30 persoas que ó final non conseguimos comer enteira. Menudo subidón de azúcar!
|
Tarta-chiva |
|
Vista lateral |
|
Eloy soprando as velas do seu 35 aniversario |
No hay comentarios:
Publicar un comentario