Mostrando entradas con la etiqueta Carmen de Apicalá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carmen de Apicalá. Mostrar todas las entradas
viernes, 11 de noviembre de 2011
Na piscina da discoteca
Como comentaba no post anterior, aproveitamos a finde para sair de marcha. O sábado achegámonos a Melgar e, despois de tomar un pouco ron nunha cigarrería (xa falarei destes sitios algún día), fomos a unha discoteca con piscina. Sí, sí, unha discoteca a ceo aberto cunha psicina chantada no medio!
Por se fora pouco o tempo que pasei metido na piscina da finca, non puiden resistir a tentación e...
Aínda que a foto se ve bastante mal, ese son eu pintando a mona ás tantas da noite na piscina dun garito moi chic... Ó final Menchaca tampouco puido resistir a tentación e acabou por acompañarme...
O certo é que a experiencia non estivo nada mal. Repetiría sen dubidalo!
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Para dar envexa: un pouco de verán en novembro
Este luns foi festivo en Colombia, así que tocoume facer a miña segunda viaxe dende que estou aquí. Esta vez fun a unha finca en Carmen de Apicalá, un pobo situado uns 90 quilómetros de Bogotá, que en tempo veñen sendo 3 horas de bus (!!!!), así están as comunicacións aquí...
O caso é que esta vez foi moi distinto á excursión a Chicaque. Como podedes ver, casiña con piscina (na que pasei como mínimo unha cuarta parte do tempo que estiven alí) e calor, moita calor tropical. Resulta que este pobo está a 320 metros sobre o nivel do mar, bastante máis abaixo que os 2.600 de Bogotá, así que ten clima de verán todo o ano.
O máis exótico de todo é que mentres nunha finca de Galicia podes achegarte a unha pereira ou a unha maceira para coller un pouco de froita, en Colombia tes cocos e mangos, así que nos puxemos as botas a base de almorzar coco...
E claro, por aquí tamén hai unha chea de bechos, sobre todo insectos e rás. Esta tan simpática colóusenos na casa!
Así que nada, para todos aqueles que se preguntaban: por qué Colombia? Pois por esto, pleno verán a golpe de novembro... Aquí vos espero...
PD: tamén baixamos ata o pobo de festa, pero eso merece un pos aparte...
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








