Enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Disfraces. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Disfraces. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de agosto de 2012

Parabéns Bogotá polos teus 473 anos!

Construtores
Este 6 de agosto Bogotá fai 473 anos e hai que celebralo! Os primeiros eventos conmemorativos deste acontecemento tiveron lugar esta fin de semana, pero estenderanse todo o mes: desfiles, concertos, habiliación dunha praia no Parque Simón Bolívar, etc.


Espigas de millo danzando
Hoxe celebrouse o desfile de comparsas das 20 localidades que compoñen Bogotá. É curioso, pero este desfile é o máis parecido ó entroido que vin nesta cidade, porque o entroido nas datas tradicionais non ten seguemento.

Feixes de ladrillos
No desfile houbo moita referencia á construción, ás colleitas, a criaturas fantásticas e animais e vexetación exótica. Todo moi pagano e con moito sentido para un aniversaro dunha cidade coma esta. Por outra banda, tamén desfilaron algunhas comparsas disfrazadas de alieníxenas, paiasos e outras cousas ás que, sinceiramente, non lles atopo moito sentido para un evento destas características, que non é un entroido (aínda que poida parecelo).

O brasileiro este desfrutou máis que en Río
Teño que dicir que me gustou moito ver tanta cor, tanta ledicia, tantas coreografías máis ou menos vistosas e tanta percusión e música de vento (algunha moi tropical, outra, sorprendentemente, moi balcánica; desfrutei moito coa comparsa de Usaquén, que apareceu tocando Kalashnikov!). O certo é que pasei un bo anaco con este desfile. Tamén desfrutou o brasileiro da foto, que non parou de tirar fotos en ningún momento; eu creo que desfrutou máis deste espectáculo que dos famosos carnavais do Brasil...


Zancudos caracterizados de bestas fantásticas
Durante unhas horas desfilaron polo centro da cidade comparsas, xigantes e cabezudos; que polo que vexo, son garantía de éxito en calquera recuncho do mundo (aquí trunfan especialmente os zancudos, non había comparsa que non levase entre un e un cento deles).

Cabezudos, un clásico
Tamén sacaron de paseo a algunhas mozas sen xustillo, que eso tamén é unha garantía para manter o interese, o meu polo menos...

Carroza con mozas en pelotas. Pagou a pena vir

Bolívar non podía faltar

Maqueta de Bogotá

Paisanos que veñen de facer a colleita

Ents!

Colleita móvil

Colombianos de diferentes épocas danzando

Xilofonistas, como no exército!


Loros trompetisas que ían tocando Kalashnikov, de Goran Bregovic. Boísimo!

Mozas desfrazadas de moedas sexy (apretadas e cunha perna ó aire), Colombia é así



miércoles, 4 de julio de 2012

Orgullo gay en Bogotá

Batman e Robin, uns clásicos

O domingo celebrouse a marcha do orgullo gay (e lesbiana, transexual, etc.) en Bogotá. Colombia segue a ser un país no que queda moito por facer e reivindicar en materia de igualdade de dereitos e de trato, así que manifestarse aquí ten doble mérito xa que nesta sociedade tan machista os homosexuais seguen a verse coma enfermos, dexenerados e todos eses adxectivos que xa coñecedes. Enfermos non, pero horteras... Sinceramente, non creo que haxa moitas cousas máis horteras que un desfile gay, pero paga a pena pasarse un rato a apoiar e a curiosear tamén, por suposto.


A carroza máis elaborada de todas
O certo é que o desfile é un pouco amateur e as carrozas non eran máis que camións con equipo de son, globos, fulanos en gallumbos e transexuais vestidas de Norma Duval. A carroza que máis me gustoufoi o tanque gay porque se vía que polo menos lle botaran un pouco de imaxinación. Pola contra, a carroza de Master Venus (un grupo local) nunca debeu sair da casa, polo menos non con micrófono e altofalantes... Menuda dor de cabeza!

Norma Duval

As amigas de Batman e Robin

Master Venus... con dúas cancións poden reventarvos os tímpanos!

Globos, fulanos en gallumbos e camións

Máis gallumbos
 
Quería ser unha princesa, pero acabou sendo un chourizo embutido

Algunha que outra pluma

Máis carne...