Enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Perú. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Perú. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de noviembre de 2011

Visitando a Amazonía II

César e Jaime aloumiñando a un oso preguizoso
O outro día deixei a historia camiño do Amcayacu, peroimos facer un pequeno (ou non tan pequeno) flashback para ver máis animaliños dos que nos ensinaron en Perú...
Os osos preguizosos son feos coma eles sós, pero son moi tenros, porque lles encanta dar apertas a calquera que lle pase ó lado; eso sí, apertas a cámara lenta, parecen sacados de Matrix...


Pack: oso preguizoso, mono e cría de caimán
 
César e Adolfo estresando a unha anaconda
 
Igual que coller un canciño...

Oso preguizoso (xa vos dixen que eran feos...)
 
Marco e Amedio

Home grande, caimán pequeno, home pequeno, caimán grande

Leopardo

Desfrutando da textura da anaconda




Despois dos animais sí que nos fomos ó hotel Decameron, unha serie de cabanas de madeira no medio do Parque Natural Amacayacu. Unha auténtica marabilla desconectada do mundo; tan desconectada como que non se pode pagar con tarxeta, e non hai ningún caixeiro en moitos quilómetros á redonda... Por un momento pensamos que non imaos nin poder xantar algún día e tivemos que buscar ata os nosos últimos pesos para poder sair adiante. Dende logo que ese aspecto é moi mellorable, porque unha vez alí estás encerrado, e se non tes cartos, tes un problema, porque aparte da comida, ofrecen moitas excursións de pago que non podes facer se só levas a tarxeta enriba...

Embarcadoiro do hotel

Terraza do hotel

Nós
Primeira vez que durmo nunha cama con mosquiteira...

O tema das mosquiteiras é bastante útil, pero o certo é que perde eficacia se se quedan os mosquitos dentro. Na miña segunda noite tiven que matar a 2 mosquitos que atopei dentro... Supoño que se lle colarían á encargada de facernos as camas, pero se non os vira, ían darse un bo festín de sangue galega...

Como dicía, no hotel podíanse facer diferentes actividades, nós levabamos 3 contratadas, pero en realidade eran 2. Os colombianos son uns grandes vendedores de fume... A actividade pantasma era un paseo pola selva, pero en realidade este paseo era o camiño a outra das actividades: subir a unha árbore de 35 metros a través dunhas cordas!

Subindo á copa da árbore
Plataforma na copa da árbore

Adri chegando ó cumio

Todo suado pero satisfeito coa selva de fondo


Unha vez na copa da árbore había que decender 8 metros facendo rappel e despois cruzar por unha ponte tibetana ata outra copa doutra árbore.

Jaime rappelando ata a ponte tibetana

Cris cruzando a ponte

Adolfo na ponte

A selva vista dende arriba... é precioso, prométovolo

Nidos pendurados das árbores

A seguinte actividade foi menos esixente, pero tan reconfortante ou máis que subir ás árbores. Fomos de excursión a Puerto Nariño a ver golfiños rosados, que é unha especie única do Amazonas. Eu só vin un rosado, pero bastantes grises. O certo é que o mellor do paseo dos delfins foi bañarse entre golfiños e pirañas no Loretoyacu, un afluente do Amazonas.

Vestidos de faena para navegar o Amazonas

Baño no Loretoyacu
A auga estaba tan quente coma a da bañeira, e era tan escura que non podías ver a túa propia cintura, así que por moita piraña que saibas que hai baixo os teus pés, é imposible chegar a miralas, "pero haberlas hailas". O caso é que a unha piraña ben mantida non se lle ocorre atacar a ningunha persoa, polo que son bastante inofensivas.

Coma sempre, máis perigosos somos os humanos para elas...

Facendo o parvo cunha piraña na man

Trabándolle a unha piraña, quen é máis perigoso?
A excursión ata Puerto Nariño foi moi relaxante e supuxo realmente o final da viaxe, xa que ó día seguinte só descansamos no hotel e despois marchamos cara ó aeroporto para voltar a Bogotá, á que non creo que ningún dos presentes botase moito de menos durante estas vacacións...



miércoles, 16 de noviembre de 2011

Visitando a Amazonía



A fin de semana pasada tiven a sorte de poder visitar o Amazonas, e non podo facer outra cousa que recomenarvolo a todos, porquee IMPRESIONANTE. Sen dúbida, o río máis caudaloso do mundo, o segundo máis longo, ten o 35% da auga doce do mundo, etc., non defrauda.





 O amazonas dende o avión

Para empeza, a chegada en avión xa impacta, porque vese o río dende moitos kilómetros antes, e a medida que te achegas vai ocupando cada vez máis campo de visión, mentres o chan está cuberto por un manto de vexetación mesta. Cun pouco de sorte, cando o avión fai a maniobra de aproximación podes ter unha vista tan impactante como a das fotos.




Maloca en construcción no medio da cidade

A capital da Amazonía colombiana é Leticia, unha cidade bastante fea e subdesenvolvida, pero que de cando en cando pode agasallarte con algo tan exótico coma unha maloca tradicional no medio das casas (en realidade casas e leiras, que todo está misturado), que é a vivenda tradicional da etnia ticuna, predominante na zona que visitamos.

Lago diante do noso hotel (dentro do recinto)

 Descansando nas hamacas do hotel

 Curiosidades da cidade

A cidade de Leticia comparte fronteira terrestre coa cidade brasileira de Tabatinga, e en realidade son a mesma cidade, só que polo medio hai unha fronteira, eso sí, está aberta e non fai falta amosar pasaporte nin nada, basta con cruzar unha rúa e pasas de Colombia a Brasil.

Foto tomada dende chan colombiano ós meus colegas, que están en Brasil

Así que p primeiro día tocou ir ata o país da orde e o progreso, onde fixemos algunhas cousas típicas como mercar chanclas Ipanema e Hawaianas e beber caipirinhas, só nos faltou bailar un pouco de samba...

Tomando Caipirinhas mentres caía o diluvio

Ceando con cervexa Skol (ainda existe en España?)


E despois de visitar o Brasil, tocou por fin navegar polo río...

Embarcadoiro en Leticia (moi profesional, eh?)

A nosa barca

A nosa barca xa no Amazonas

Navegando con chan peruano de fondo

A zona na que estivemos coñécese como "as tres fronteiras", xa que ademáis das mencionadas Colombia e Brasil, tamén está a fronteira peruana, a onde nos diriximos para visitar a uns pobres animaliños "salvaxes" que indíxenas peruanos tiñan domesticados. Para os animais é unha pena, pero o certo é que se os indíxenas o fan é por culpa de nós, os turistas, que pagamos por miralos...

A sensación de ter semellante cocodrilo a tan poucos metros é indescriptible

Anaconda xoven. Estes bechos chegan amedir ata 12 metros...


Ata aquí o ecuador da viaxe. Ó día seguinte mudámonos dende o hotel da cidade a outro hotel situado no Parque Nacional Natural Amacayacu, un paraíso aillado do mundo onde non hai máis que ese hotel, o río e vexetación. Pero esa parte xa vola contarei mañá...

Camiño do Amacayacu