 |
| Rúa de Santa Fe de Antioquia |
Santa Fe de Antioquia é un pobo colonial que forma parte da "Red de Pueblos Patrimonio de Colombia". Fundouse en 1541. Está a uns 80 quilómetros de Medellín, o que o convirte nunha das visitas obrigadas cando se visita a capital antioqueña, xa que se pode facer unha excursión dun día partindo dende a cidade e invertindo algo menos de 2 horas en autobús e uns 10.000 pesos por viaxe (aproximadamente 4,50 euros).
 |
| Espléndido balcón de madeira |
Santa Fe semella que quedou estancada no tempo, polo que pasear polas súas rúas empedradas evoca a época da dominación española de Nueva Granada, nome de Colombia antes de independizarse. Aquí un pode atoparse casiñas construídas con adobe e palla, caseríos con espléndidos balcóns de madeira, fiestras enreixadas (tamén en madeira), antigas igrexas de inconfundible estilo colonial, etc.; todo un pobo con encanto que paga a pena visitar para deixarse perder polas súas rúas durante unhas horas e despóis deterse a comer unha "bandeja paisa" en calquera restaurante típico antes de seguir camiñando ata percorrer cada recuncho de Santa Fe.
 |
| Mercadiño de Santa Fe |
En Colombia hai un mercadiño cada día en cada esquina, e este pobo non podía ser menos, así que apenas 10 minutos despois de chegar a Santa Fe xa o tiña localizado...
 |
| Coches afeando a paisaxe |
 |
| Fachada dunha casa colonial coas típicas fiestras enreixadas |
 |
| Agardando o paso do tempo |
 |
| Estropeando unha foto |
 |
| Paseando tranquilamente polas rúas de Santa Fe |
 |
| Unha das múltiples igrexas do pobo |
 |
| Paseando polo adro |
 |
| Paxaros autóctonos de cores moi vivas, aínda que non se aprecie ben |
 |
| Igrexa de marcado estilo colonial |
Para completar a estampa, o habitual en colombia: unha paisaxe espectacular, intensamente verde e húmida. Un auténtico pracer para a vista. Esta paisaxe é continua dende Medellín ata Santa Fe, o que fai que a viaxe sexa un atractivo máis da visita a este fermoso pobo.
 |
| Paisaxe andina |
Santa Fe de Antioquia é sen dúbida unha desas visitas que non se poden deixar de facer se se ten a oportunidade. Paga a pena.
 |
| Se fose Cuba este coche estaría na rúa en lugar de estar no garaxe |
 |
| Casiña inacabada construida con canas e adobe |