Enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Comida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comida. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de octubre de 2012

Fartándome de roxóns

Ollo ó graxenta que está a bolsa!
Colombia, un gran país no que podes mercar roxóns auténticos en calquera tenda... Ñam ñam, esto sí que é boa alimentación! (e non a do avión da que falaba o outro día...).

O único que non boto en falta de Galicia (ademáis da choiva, claro...)

martes, 9 de octubre de 2012

A comida de avión máis sana xamáis vista


Volvendo de Quito tiven a oportunidade de desfrutar da comida máis sana que xamáis me deran nun avión... A ver canto tardo en que me volvan poñer algo tan san coma esto...

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Máis comida colombiana: formigas culonas!

Adiviñas cal é o ingrediente principal da comida que fan aquí?
Na visita a Barichara aproveitei para probar un dos pratos típicos da rexión de Santander: as formigas "culonas". Certamente, o pimeiro que se atreveu a comer un bicho destes tiña que estar morto de fame; pero realmente, despois de comprobar que non saben a nada máis que a "churruscado", imaxino que o segundo, terceiro e seguintes que continuaron comendo este manxar (¿?) tiñan aínda máis fame que o valente pioneiro...

En fin, comer insectos é outra cousa menos que xa me queda por facer na vida.

Lingua e albóndegas en salsa de formiga culona, con abondosas formigas enteiras ademáis dalgunhas trituradas

martes, 7 de agosto de 2012

Comida típica colombiana: o ajiaco

Un dos restaurantes típicos da zona vella de Bogotá, moi recomendable
A gastronomía colombiana non é ningunha marabilla... Os pratos son pouco elaborados en xeral e consisten en alimentos cociñados aparte, polo que apenas xogan coa mistura de sabores durante a preparación. No día a día o común é comer arroz en branco (este non falla nunca) con carne de vaca ou polo (á prancha), ensalada (moitas veces ensalada con froitas e con herbas que descoñezo porque a "nosa" ensalada de leituga e tomate non abonda por aquí), patacas (fritidas, asadas, ó forno), feixóns, etc. Todo preparado por separado e servido no mesmo prato. O certo é que é moi nutrtivo, pero acaba sendo monótono... Aquí non teñen tanta variedade de receitas coma nós. así que apenas preparan guisos nos que os sabores se complementan e potencian. Con isto non quero dicir que en Galicia non se cociñe moitas veces algo sinxelo, como pode ser un bistec con patacas ou arroz, pero de cando en vez hai cocido, estofado, guiso... Aquí eso non é tan común, e moito menos nos restaurantes de menú do día.

Saíndose desa tónica xeral, existen algunhas honrosas excepcións que destacan dentro da gastronomía colombiana, coma o "ajiaco santafereño". Este prato típico de Bogotá leva diferentes tipos de patacas, millo, alcaparras, tona, polo esmiuzado, etc.; e sérvese acompañado de arroz en branco (non podía faltar, aquí cómese máis arroz que na China) e aguacate. Unha auténtica delicia!

Ajiaco santafereño completo

domingo, 29 de julio de 2012

O tamal, un almorzo de campións

Tamal boyacense

O tamal é un plato típico que se consme, con algunhas variacións, na meirande parte de América Latina. Un tamal consiste nunha mistura de arroz, carnes e legumes que varía moito dependendo da rexión que ven envolto en pequenos paquetes. A envoltura está feita de follas non comestibles que tamén varían moito dependendo da rexión; en Colombia, por exemplo, emprégase folla de banano, pero noutros países faise con follas de millo, aguacate, etc.

O da foto é un tamal boyacense (típico da rexión de Boyacá), que leva arroz, garbanzos, roxóns, carne de polo e de vaca, cenoria e algún que outro ingrediente máis non teño identificado.

Este foi o meu almorzo en Jenesano, unha forma inmellorable de comezar un novo día!


martes, 21 de febrero de 2012

Froitos exóticos: a guanábana


Guanábana co seu correspondente zume

Cando falei das froitas das que se pode desfrutar neste país mencionaba ó final de todo a guanábana. Na foto podedes ver cómo é este monstro: unha chirimoia xigante (en serio, son da misma familia, aínda que o tamaño é notablemente diferente) que mide entre 30 e 40 centímetros e pesa máis de dous quilos. Resulta curioso que semellante froita creza colgada da árbore, ó contrario doutras froitas de gran tamaño como sandías e melóns, que nacen dunha mata a rente do chan. Para evitar riscos, nunca pasearei por debaixo dun guanbanero (ou como se chame), porque por experiencia sei canto doe a caída dunha mazá na cachola; así que me imaxino as terribles consecuencias da caída dunha guanábana.

O zume de guanábana é un dos meus favoritos, aínda que xeralmente ten unha pinta bastante mala, como podedes apreciar no recipiente con zume branco que está enriba da froita... Aínda así, é máis que recomendable. En Colombia pódese mercar en multitude de postos ambulantes, e é común tomalo coas comidas, porén, non creo que sexa sinxelo de atopar en Europa...

lunes, 16 de enero de 2012

Alimentación colombiana: froitas

Tomate de árbore

Unha das principais vantaxes de vivir nun país tropical é a variedade de froitas... Aquí como moita froita, pero case ningunha das que comía en Galicia. Ahí vai unha mostra.

Tomate de árbore por dentro
O tomate de árbore ó principio non me chistaba moito, pero co tempo converteuse nunha das miñas froitas favoritas... mmmmmmm.....

Granadilla

Granadilla por dentro
 A granadilla non creo que a volva a probar. Merqueina un día para ver que tal sabía, esperándome algo similar ás granadas que hai aí, pero... Ten unha textura babosa, parece qe estás comendo vermes ou blandiblú. Non está mala, pero realmente é desagradable comela...

Maracuyá 
 A maracuyá é do estilo da granadilla pero máis grande e de cor amarelo intenso. Tampouco vai ser das miñas froitas favoritas, pero soa súper exótico comer maracuyá, non si?

Pitahaya 
 A pitahaya téñoa no froiteiro pendente de probar. A pinta éche ben estrana, a ver que tal sabe...

Uchuvas

Uchuvas
As uchuvas son as miñas preferidas. Eu téñoas visto en Galicia, pero ahí chámanlles physallis. O caso é que me encantan e que me dou nelas coma un animal!

Hai moitas máis (curuba, lulo, guanábana, etc.), se me da a virada igual lles tiro unhas fotos e fago unha segunda parte.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Facer a compra en Colombia

5 quilazos de arroz

Facer a compra en Colombia non é barato. Aquí non hai un DIA% ou un Lidl no que comprar a prezos asequibles, e mercar nesta cidade é tan caro como facelo no Eroski ou no Froiz, para que vos fagades unha idea. Pero sempre hai formas de tratar de aforrar un pouco, como comprar os formatos económicos, que aquí son un pouco diferentes ós que estaba acostumado: arroz de 5 quilos, tomate frito de 1 quilo, etc.

Ademáis, aquí é moi característico o empaquetado en bolsa para o formato económico, e pódese atopar neste empacado cousas tan diferentes coma maionesa, vinagre, xabón ou mesmo auga.

1 quilo de tomate frito

Pero un dos meus favoritos é o xabón lavavaixelas en estado sólido, todo un descobremento. Mollas o estropaxo, pásalo polo xabón e xa estás listo para lavar. O mellor é que para este formato económico hai recargas; pódese mercar unha pastilla e metela no bote cando está baleiro... Eso sí que é rizar o rizo, un formato económico do formato económico!

 
Axion, o Fairy sólido




Na miña compra tampouco pode faltar algún producto local de cando en cando, por se dubidábades de que sigo sendo tan bo comedor coma sempre... As arepas son unha especie de tortas de millo, xeralmente inipidas ás que hai que botarlles algo enriba para darlles sabor. É un dos máximos expoñentes da comida tradicional colombiana; xa vedes, unha torta insípida... pero bueno, "a donde fueres haz (neste caso come) lo que vieres".


Arepas de millo