| Hai que valer para todo |
Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas
lunes, 12 de noviembre de 2012
Unha gran idea de negocio
lunes, 15 de octubre de 2012
Un "Todo a 0,35" en Quito
Estou seguro de que todos vos lembrades dos " Todo a 100" e da súa posterior transformación a "Todo a 1 euro", e de como ese todo a un euro ao final converteuse en só un reclamo e ningún dos prezos coincidía con esa cantidade...
En Ecuador non foron tan "intelixentes" (quero dicir timadores e aproveitados), e a pesares de adoptaren o dólar como moeda propia non sufriron unha inflación tan dura coma a de España nos comezos do euro por mor dos redondeos... Esta tenda de "Todo a 0,35 centavos de dólar" tróuxome moitas lembranzas dos extintos "Todo a 100" e algunhas reflexións sobre a nosa forma de ser...
miércoles, 10 de octubre de 2012
Fartándome de roxóns
miércoles, 19 de septiembre de 2012
Máis comida colombiana: formigas culonas!
| Adiviñas cal é o ingrediente principal da comida que fan aquí? |
Na visita a Barichara aproveitei para probar un dos pratos típicos da rexión de Santander: as formigas "culonas". Certamente, o pimeiro que se atreveu a comer un bicho destes tiña que estar morto de fame; pero realmente, despois de comprobar que non saben a nada máis que a "churruscado", imaxino que o segundo, terceiro e seguintes que continuaron comendo este manxar (¿?) tiñan aínda máis fame que o valente pioneiro...
En fin, comer insectos é outra cousa menos que xa me queda por facer na vida.
| Lingua e albóndegas en salsa de formiga culona, con abondosas formigas enteiras ademáis dalgunhas trituradas |
lunes, 17 de septiembre de 2012
Carteis que se pode atopar un en Colombia
miércoles, 1 de agosto de 2012
As duchas colombianas
| Típica ducha colombiana |
Mentres agardo a que me pasen algunhas fotos para poder seguir debullando a viaxe por Boyacá, vou aproveitar para amosarvos unha pequena curiosidade que para min xa non o é tanto porque xa forma parte do meu día a día...
| Outra ducha típica |
En Colombia non se empregan pratos de ducha, aquí o recinto delimítase cun pequeno muro de ladrillo cuberto de azulexos, quedando o chan da ducha igual ó do resto do baño... Así de simple, para que complicarse?
| Letrina inmunda |
Como bonus deixo a foto do mexadoiro dun cutrebar construido seguindo o mesmo estilo minimalista que o das duchas... Esta clase de baños son moito máiscomúns do que imaxinades...
miércoles, 4 de julio de 2012
Orgullo gay en Bogotá
| Batman e Robin, uns clásicos |
O domingo celebrouse a marcha do orgullo gay (e lesbiana, transexual, etc.) en Bogotá. Colombia segue a ser un país no que queda moito por facer e reivindicar en materia de igualdade de dereitos e de trato, así que manifestarse aquí ten doble mérito xa que nesta sociedade tan machista os homosexuais seguen a verse coma enfermos, dexenerados e todos eses adxectivos que xa coñecedes. Enfermos non, pero horteras... Sinceramente, non creo que haxa moitas cousas máis horteras que un desfile gay, pero paga a pena pasarse un rato a apoiar e a curiosear tamén, por suposto.
| A carroza máis elaborada de todas |
O certo é que o desfile é un pouco amateur e as carrozas non eran máis que camións con equipo de son, globos, fulanos en gallumbos e transexuais vestidas de Norma Duval. A carroza que máis me gustoufoi o tanque gay porque se vía que polo menos lle botaran un pouco de imaxinación. Pola contra, a carroza de Master Venus (un grupo local) nunca debeu sair da casa, polo menos non con micrófono e altofalantes... Menuda dor de cabeza!
| Norma Duval |
| As amigas de Batman e Robin |
| Master Venus... con dúas cancións poden reventarvos os tímpanos! |
| Globos, fulanos en gallumbos e camións |
| Máis gallumbos |
| Quería ser unha princesa, pero acabou sendo un chourizo embutido |
| Algunha que outra pluma |
| Máis carne... |
martes, 3 de julio de 2012
Bolsas de agua, otro formato típicamente colombiano
Hai uns días amosábavos o formato de ron en brick. Hoxe quero presentarvos un formato que non é menos curioso que o anterior... Auga en bolsa de plástico. Curioso, non si?
miércoles, 27 de junio de 2012
Ron en brick, nada máis que engadir
| Ron en brick, un gran avance mundial |
Hoxe pouco hai que dicir porque unha imaxe vale máis que mil palabras... O ron en brick é un deses estranos formatos que existen nos supermercados colombianos que tanto chaman a atención dos expatriados... quizáis os raros sexamos nós por usar o brick únicamente para os lácteos e o viño...
viernes, 22 de junio de 2012
Unha colombianada na Praza de Bolívar...
| Fachada traseira do Capitolio |
O prometido é débeda, chegou o momento de descobrir cal é a curiosidade máis importante da Praza de Bolívar...
| Fachada principal do Capitolio |
Cando construiron o Capitolio Nacional de Colombia cometeron un pequeno erro e construiron a fachada principal, que debería asomar cara a praza, na parte traseira e viceversa. É dicir, o que hoxe se ve na Praza de Bolívar debería estar no lado contrario e a fachada principal debería ser a que se ve na foto de arriba. Unha "colombianada" de primeira.
Aínda que ben pensado tampouco estrana tanto ver os políticos gardándose a mellor parte para eles e ensinándolles o cu ó resto do pobo, aínda que sexa o cu dun edificio...
jueves, 14 de junio de 2012
Publicidade pura e dura
| Algunha vez quixestes un bolso cun estampado de Cola Cao? |
Despois de tantos meses escribindo sobre o que fago por estas terras xa estaredes cansos de ler cousas sobre min e este país, así que vouvos dar un descanso aproveitando que, por unha vez, teño algo interesante que contar...
| Non hai dous iguais! |
Quixera recomendarvos o blog que acaba de comezar hai uns días a miña irmá, que despois de pasar moitos meses no paro, por fin se decidiu a iniciar este proxecto ó que levaba tempo dándolle voltas. Dende aquí quero aproveitar para darlle folgos e desexarlle que todo saia mellor do que ela mesma imaxina. ÁNIMO E SORTE!
| Outro deseño da miña irmá |
Invítovos a que pasedes a cotío polo seu blog e, se vos gusta algo, xa sabedes, rascádevos o bolsillo. Os homes non vos fagades o sueco e entrade tamén, que quizáis atopedes algo para agasallar ás vosas mozas, nais, avoas, tías, curmás, amigas, amores platónicos ou á veciña do quinto... Aquí tendes o enlace (sí, outra vez):
domingo, 3 de junio de 2012
Co uniforme de traballo
![]() |
| Traxe e cofia é a combinación que se levará na vindeira tempada primavera-verán |
Debedes saber que ás veces tamén traballo... Acompañando a unha empresa de enxeñaría de Seguridade Industrial tiven a ocasión de visitar unha chea de empresas. En ocasións a sorte foi doble porque tiven a oportunidade de entrar en varias prantas de producción... todo un agasallo para min, que son Técnico superior en prevención de riscos laborais... Nunca pensei que fora a execer de algo medianamente relacionado con este tema, pero ás veces a vida sorpréndete. Eso sí, prefiro poñerme o casco nas siderúrxicas, empresas de automoción, etc. que poñerme a cofia e a bata nas empresas de alimentación...
lunes, 28 de mayo de 2012
Un pouco de incivismo
| Quedou claro o que non se pode facer? |
Velaquí unha mostra da herdanza que os españois deixamos en Colombia, aparte da corrupción política... No cartel non pode indicarse máis claramente que non se debe botar comida ós peixes. A opinión dos visitantes do parque sobre o cartel atopeina a só dous metros: xente tirándolle "gusanitos" a unhas hordas de carpas que sacaban medio corpo da auga para facerse co prezado tesouro.
Naturalmente, todo baixo a supervisión de 4 policías... De coña.
jueves, 24 de mayo de 2012
No medio e medio do mundo: a liña do Ecuador
| Latitude 0º 0' 0" |
| Foto dende o Hemisferio Norte co monumento da Metade do Mundo ó fondo |
| Foto dende o Hemisferio Sur (moi diferente ó Norte...) |
Foto curiosa esa na que podes ter unha perna en cada hemisferio. Sería moi bonito que fose certo, porque realmente o Ecuador pasa aproximadamente 200 metros ó norte deste monumento...
| No medio, coma o xoves |
A liña do Ecuador pintouse baseándose nos cálculos feitos con ferramentas e aparellos que non eran precisos ó 100%, por eso cando apareceu o GPS levaron un chasco e descubriron que pintaran mal a liña. Cousas da vida, pero creo que tampouco lles importou moito, porque o monumento xa estaba construido e non tiñan ningunha gana de movelo de sitio.
| Unha perna e un coll... en cada hemisferio |
Aínda así, a foto sobre a liña da Metade do Mundo é un souvenir que todo visitante de Quito debe levar consigo, e pouco importa que a ubicación da liña non sexa exacta, porque o certo é que 200 metriños non son nada co grande que é o mundo...
| Máis do mesmo, unha perna en cada hemisferio |
Pero se algún se queda coas ganas e quere estar exactamente no Ecuador, pode visitar un museo amateur que creou un fulano onde se poden facer algúns experimentos que só teñen sentido sobre o paralelo 0, como por exemplo, poñer un ovo de pé, comprobar que é imposible camiñar en liña recta cos ollos pechados, etc.
| Facendo equilibrios sobre o Ecuador |
| Servindo de marco para os turistas |
miércoles, 16 de mayo de 2012
Un anuncio con moita clase
jueves, 12 de abril de 2012
Animaladas de Semana Santa
| Loro sen pico superior |
Como dicía onte, durante a Semana Santa aparte de descansar e aprender que as piñas non crecen nas árbores, tamén puiden ver unha chea de animaliños, uns máis bonitos que outros, a verdade...
| Vacas con enormes orellas |
| Búfalos |
| Iguana trepando |
Aínda que son uns bechos ben feos gustáronme bastante, será por aquilo de que non se ven animáis exóticos ceibes tódolos días...
| Iguana camuflada |
martes, 10 de abril de 2012
Os primos de Juan Valdez
| Os primos de Juan Valdéz |
Non van coa mula cargada de café como o famosísimo Juan Valdéz, pero o uniforme sí que é o mesmo: "sombrero vueltiao", camisa e o trapo ese sobre o ombreiro. Esta vestimenta é moi típica nos pobos paisas colombianos como Santa Fe de Antioquia, do que xa falei hai uns días aquí.
"Paisas" é o nome que reciben os habitantes dunha ampla zona do interior de Colombia que abrangue a zona de Medellín e a zona cafeteira. Os paisas son un dos grandes patrimonios deste país. Se os colombianos son boa xente en xeral, os paisas sono máis aínda. Tratar con esta xente que sempre ten un momento para pararse a conversar un anaco cun descoñecido é unha das mellores experiencias que me levo da miña visita a Antioquia. Guillermo, William, unha parella de vellos que atopei no metrocable, algún taxista, a xente coa que me entrevistei por traballo, etc. foron indispensables para que a miña viaxe a Medellín fose tan boa como finalmente foi.
lunes, 12 de marzo de 2012
Muro con cristal rachado
| Muro con cristal rachado |
Cando un vive no estranxeiro nunca se sabe o que pode atopar en calquera esquina que poida acabar por facer viaxar a súa mente á súa terra, por lonxe que esté. Ás veces basta con algo tan simple como esa peza tan típica da aquitectura galega e que en Colombia tamén ten moito predicamento: "o muro con cristal rachado".
Como estar na casa, abofé que si...
miércoles, 29 de febrero de 2012
Grandes personaxes estranxeiros relacionados con Colombia
![]() |
| Alfredo Di Stéfano |
Hoxe toca falar dun par de celebridades de talla mundial relacionadas con Colombia.
En primeiro lugar, Alfredo Di Stéfano, que foi fichado polo Real Madrid ó Millonarios de Bogotá, onde xogou entre 1949 e 1953. Catro tempadas nas que gañou 3 ligas nas que anotou 90 goles en 101 partidos e unha copa, con 10 goles neste campionato, polo que aínda é lembrado coma un ídolo nesta cidade.
![]() |
| Carlos Gardel |
Por outro lado, tamén ten relación con Colombia a lenda do tango Carlos Gardel, pero neste caso a relación é máis triste. Gardel morreu un 24 de xuño de 1935 nun accidente de aviación en Medellín despois dun recital nesta cidade cando estaba no máis alto da súa carreira.
viernes, 17 de febrero de 2012
Ciclovía
| Sinalización da ciclovía |
Como xa comentara nun post anterior, os domingos e festivos en Bogotá pódese sair a pasear por máis de 300 quilómetros de estradas cortadas para que, en lugar de coches circulen peatóns, patinadores e ciclistas. Cando o día acompaña, o tráfico da ciclovía pode ser tan denso como o tráfico de vehículos nas horas punta dun día de semana calquera.
| Tráfico denso de ciclistas na civlovía |
| Tamén hai algúns peatóns |
| Taller ambulante |
| Tenda de ciclismo en plena rúa |
| Aglomeración de postos de avituallamento na ciclovía |
A ciclovía é unha gran iniciativa para esta cidade. Da gusto saír a pasear un anaco nas mañás do domingo e ocupar por un día o espazo reservado ó parque automovilístico.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


