Enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Política. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Política. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de octubre de 2012

Rafael Correa e a súa galería de agasallos

Cerámicas asiáticas
Rafael Correa, o presidente de Ecuador ten moi mala prensa nos países occidentais polos seu aliñamento ideolóxico con Hugo Chávez e polo seu certo grao de populismo (ten un programa na televisión e a radio pública ecuatoriana para facerse un pouco de autobombo. Aínda así, a súa forma de gobernar é ben distinta á de Chávez e certamente vese que está a cambiar o país (para ben), cumprindo coa meirande parte das súas promesas electorais, distribuindo riqueza, etc.


Medallas recibidas por Correa como presidente de Ecuador
Unha pequena mostra de que ás veces os denostados "dirixentes populistas" latinoamericanos teñen moito que ensinar aos nosos políticos é a coherencia dos seus actos. Correa decidiu algo tan lóxico como que os agasallos que lle fan coma representante do seu país non llos están facendo a título persoal, senón que son agasallos que él recibe en nome do Ecuador, polo que pertencen ó país e non a él...

Ata o de agora os presidentes levaban todos estes agasallos á súa casa tras o seu mandato como pertenzas persoais. Correa decidiu que se queden en exposición no Pazo de Carondelet e que pasen a mans do estado. Tamén decidiu doar a banda coa que tomou posesión como presidente, que está valorada en 12.000 dólares, para que poida ser reutilizada en sucesivas tomas de posesión e aforrarlle ó estado uns cartos, aínda que sexan "calderilla" para un país... Ata o de agora, ó igual que sucedía cos agasallos, os presidentes quedaban coa banda en propiedade e cada lexislatu
ra había que mercar unha nova... Pequenos cambios que marcan a diferencia e, sobre todo, un achegamento ao pobo en lugar de asoballamento.

Banda coa que tomou posesión Rafael Correa
Entre todos estes agasallos expostos hai mostras incribles de orfebrería, cristal, louza e outras artesanías das máis diversas procedencias de tódolos continentes. Marabillas procentes de China, Rusia, Oriente medio, Europa, América, etc.

Correa tamén visitou España... Ogallá cambiase de opinión e se levase todas estas cousas para a súa casa con tal de aforrarnos a vergoña de ter que ver exposta esta boneca...

Así se agasalla en España ás visitas institucionais...  será cousa da crise...

jueves, 19 de abril de 2012

Visita oficial de Rajoy


Rajoy en pleno discurso

Resulta que Mariano veu de visita a Bogotá. Non me estrana, porque tal e como andan as cousas por España, máis lle vale escapar todo canto poida para que non se lle bote ninguén á chepa...

En directo é tan mal orador como se ve na televisón ou incluso peor. Plano, falto de carisma e cun discurso alleo que, probablemente, lía por primeira vez, o que se nota á hora de transmitir a mensaxe. Cero patatero. Unha mágoa, pero é así. Non me estrana que os Parlamentarios españois durman ta a gusto (ou non vaian) ás sesións do Congreso...

Juan Manuel Santos comezando o seu discurso

 
Por outra banda, tamén estivo Juan Manuel Santos,  o presidente de Colombia, dando o seu discurso. Moito mellor orador que Rajoy con diferencia. Hai que ter en conta que Santos falaba do seu país, polo que é un tema que domina amplamente, mentres que Rajoy falaba das relacións bilaterais entre España e Colombia, das que probablemente non teña nin idea; pero o feito é que Santos deu un discurso completo e coherente sen apenas mirar os seus papeis e involucrando ó auditorio coas súas palabras, o que é de agradecer.

Entrando nos contidos, Rajoy limitouse a falar de datos e cifras para detallar as relacións comerciais entre ámbolos dous países. Santos, pola súa parte, non dubidou en tirarlle algún puñal ó presidente do goberno español, dicíndolle á cara que os recortes non son unha forma axeitada para sair de ningunha crise. Zas! Rajoy debeu quedar flipado coa crítica que lle caeu gratuitamente... E despois Santos aínda lle tirou tamén algunha pedra contra os ianquis. Moi pero que moi divertido. Ademáis, tamén tivo palabras de autocrítica para o seu propio país polas desigualdades existentes, cousa que non me esperaría escoitar de ningún político español...

Aparte destes momentos de crítica impagable, Santos tamén se permitiu algunha burrada como dicir que hai que eliminar a pobreza porque "un pobre menos es un consumidor más". Aí queda eso.

Gustavo Petro

Tamén estivo presente no evento Gustavo Petro, o alcalde de Bogotá e segundo cargo político en importancia do país, por enriba dos ministros. Petro é un ex membro do movemento M-19, un grupo guerrilleiro que no ano 86 asaltou e tomou o Pazo de Xustiza de Colombia causando 96 mortes, 12 de eles maxistrados e uns cantos conselleiros do Estado.

Nos 90 o M-19 disolveuse e integrouse nas Cortes Constituintes das que saiu actual Constitución de Colombia. Un inusual caso de éxito no que un grupo armado abandona as armas para integrarse normalmente na vida pública ata chegar a acadar a alcaldía da capital do país. Imaxinades algo así en España?