Enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Embaixada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Embaixada. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de octubre de 2012

Día de Espuña


12 de outubro, Día da raza (aquí aínda conserva ese nome en lugar do Día da hispanidade), festa de rigor na Embaixada de España, e eu fun un dos invitados.

Resulta curioso que os españois teñamos máis importancia cando estamos fora que cando estamos dentro do noso país... Se estivese en Galicia non me terían invitado nin a unha recepción no meu concello, e se quixese asistir a un deses desfiles militares que se organizan para honrar a españolidade (que terá que ver unha cousa coa outra, pregunto eu...), tería que ter loitado por un sitio na primeira fila contra tódalas marujas do país; porén, aquí en Colombia sí me invitan a tomarlle uns viños e uns canapés co embaixador, cos máximos representantes do exército e a garda civil, cos xerentes das grandes empresas españolas, etc.

Terei que desfrutar destes privilexios mentres poida (como bo español sonche ben amigo das cousas gratis e dos gañotazos), que cando volva a España serei de novo un cidadán de segunda... Que cousas...

miércoles, 18 de julio de 2012

14 de xullo, día de Francia

Monsieur, con Ferrero Rocher nos ha conquistado...
14 de xullo: día da festa nacional francesa, evento na casa do embaixador. Pensando que non me deixarían entrar coa miña cámara optei por non levala, así que só me quedou esta foto prestada tomada cun teléfono móvil para testemuñar que estiven alí.

Un pouco de viño, un pouco de paté, algúns doces e licores típicos servidos por uns camareiros de primeira categoría e listo, polo demáis, unha festa coma outra calquera con música "main stream" e xente bébeda, eso sí todos moi elegantes (ou horteras, depende de como se mire). Botei en falta un camareiro cunha desas pirámides inagotables de Ferrero Rocher como as dos anuncios, que decepción!




Pero voltando o principio... non levei a miña cámara, que erro tan grave!, porque non hai palabras para describir a prea que levaba a dona do embaixador... Como me gustaría poder ter unha foto ou, mellor aínda, un video cos seus momentos estelares!...

Sinto ser eu quen vos teña que informar do que sucede nestas festas despóis de qe so do Hola tomen as súas fotos, pero debedes saber que os "importantes" tamén beben; e como beben!