Enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Parque Metropolitano Simón Bolívar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Parque Metropolitano Simón Bolívar. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de julio de 2012

O meu concerto favorito de Rock al parque 2012


"¿Que quiénes somos?, ¿de dónde venimos?, ¿a dónde vamos?..... si se acaba el vino..... SOMOS SINIESTROOOOOO TOTAAAAAAAAL, SINIESTROOOOOOO TOTAAAAAAL" (a partir do minuto 3).

Que ben o pasei no Rock al parque cantando e saltando con Sinietro Total!... Podo asegurar que nunca pensei que vería nesta cidade a esta banda, así que cando confirmaron a súa presenza no festival aledeime arreo.

Sorpendeume moitísimo a cantidade de xente que houbo no concerto comparado con outras bandas que tocaron no mesmo esceario, pero sorprendeume máis aínda a cantidade de xente que cantaba as súas cancións!

O concerto foi espectacular e o público pasouno en grande saltando e berrando coma tolos. O video é un bo exemplo do ben que o pasaron os colombianos (e algún que outro galego) con grandes éxitos como Bailaré sobre tu tumba ou Somos Siniestro Total.



viernes, 6 de julio de 2012

Rock al parque 2012

A miña primeira visión do Rock al parque 2012
Entre o 30 de xuño e o 2 de xullo celebrouse en Bogotá a edición 2012 de Rock al parque, 3 días de música con entrada gratuita nos que se xuntan milleiros e milleiros de persoas para desfrutar do festival máis grande de Latinoamérica.

Blonde Redhead, un auténtico coñazo

O certo é que Rock al parque non é só rock, tamén hai pop, reggae e outros estilos, algúns deles inclasificables (Los pirañas son o mellor exemplo de música inclasificable). Polos 3 escearios do Parque de Bolívar pasaron bandas para case tódolos gustos...

Esceario principal ateigado de xente
As grandes estrelas desta edición foron Charly García, un ídolo arxentino que xa ronda os mil anos e do que descoñecía completamente a súa exisencia ata que consultei o programa do festival, a pesares de que é unha lenda viva do rock (ou eso parece); e NOFX, unha banda desas de toda a vida pero que nunca seguín de preto.

Sistema Solar, uns colombianos moi divertidos

Pero eu non me me quedei a ver a ningún destes cabezas de cartel... A gran atracción para min era outra, pero ata mañá non penso desvelar a incógnita...

lunes, 28 de mayo de 2012

Un pouco de incivismo

Quedou claro o que non se pode facer?

Velaquí unha mostra da herdanza que os españois deixamos en Colombia, aparte da corrupción política... No cartel non pode indicarse máis claramente que non se debe botar comida ós peixes. A opinión dos visitantes do parque sobre o cartel atopeina a só dous metros: xente tirándolle "gusanitos" a unhas hordas de carpas que sacaban medio corpo da auga para facerse co prezado tesouro.

Naturalmente, todo baixo a supervisión de 4 policías... De coña.



domingo, 27 de mayo de 2012

O Parque Simón Bolívar de Bogotá

Mirador sobre o lago

Antes de seguir comentando a viaxe a Ecuador imos voltar un momento a Bogotá, concretamente ó Parque Metropolitano Simón Bolívar, a principal zona verde da cidade.

O lago é unha parte fundamental do Parque Bolívar

En Bogotá fachendéan de que este parque é meirande que o Central Park de Nova York. Comparacións aparte hai que dicir que o Bolívar é un lugar perfecto para o esparcemento, con camiños e pistas para correr, parques infantís a moreas, hectáreas e hectáreas de céspede, un xardín botánico, un parque de atraccións e, principalmente, un gran lago que está sempre presente independentemente da zona do parque na que se esté.

Carpas amoreadas no lago

O Parque Bolívar tamén é o escenario dalgúns dos concertos que se celebran na cidade, moitos deles organizados polo concello. O próximo vai ser "Rock al parque", un evento anual que se celebra dende 1995 onde tremerán os alicerces de Bogotá e que non me penso perder porque, entre outras cousas, é de balde... Outros eventos organizados pola alcaldía son "Ópera al parque", "Jazz al parque", etc. En canto os concertos privados, hai non moito estiveron tocando os Red Hot Chili Peppers.

Un de tantos recunchos onde esparcerse

As zonas de céspede son perfectas para xogar todo tipo de deportes, entre eles o "ultimate frisbee", que aprendín a xogar hai pouco e que penso seguir practicando no parque tódalas fins de semana cun grupiño de amigos.

Barquiñas e os cerros orientais ó fondo, unha paisaxe con encanto

Unha das mellores cousas do Bolívar é que a capa de árbores apenas deixa ver os edificios, polo que parece que se atopa un noutro ambiente, axudando a esquecerse por un momento de que esta cidade ten 10 millóns de habitantes...

A relixión está tamén presente... Coma en case todo en Colombia...

No lago pódese pasear en barquiñas alugadas, cousa que non fixen pero que non descarto facer algún día...

Atardecendo no Parque Metropolitano Simón Bolívar
Ademáis, no lago abondan as carpas, patos, garzas e outras aves, dándolle un toque máis natural...

Garza á beira do lago

Patiños desfrutando lonxe da xente

Eso sí, ás veces a natureza xoga malas pasadas...

Cagado por un paxaro, cousas da natureza...