Enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Panamá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Panamá. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de noviembre de 2012

Mes da patria, que viva Panama!

Coa miña bandeira, camuflado coma un panameño máis
En Panamá son máis chulos que os demáis, así que en lugar de ter un "día da patria" teñen un mes enteiro. O caso é que, con todo o pouco que me gustan a min estas manifestacións patrióticas, hoxe veume xenial o desfile da xuventude da cidade (aposto a que era a xuventude pobre) para coñecer a Panamá esquecida que non sae nas guías de viaxe e que xeralmente é inaccesible para os foráneos.

Un dos grupos participantes no desfile
Aproveitando que o tráfico estaba cortado para a ocasión, decidin adiantarme ó desfile que ía saír dende a zona vella para coller un bo sitio nunha rúa xeitosa. 5 minutos foron abondo para decatarme de que me estaba adentrando nun barrio conflictivo, pero aproveitando que o percorrido previsto para o desfile estaba garadado por parellas de policía cada 20 pasos, seguín camiñando libremente polo barrio de "El Chorrillo". Decidín non sacar a cámara xa que estaba a xogar fora da casa en non quería ferir ningunha sensibilidade fotografando as casas de madeira e chapa, xa que xa chamaba abondo a atención coa miña pinta de turista e co meu cuíño branco que era o único que paseaba por aquelas rúas... Cando cheguei a casa investiguei sobre o barrio e, efectivamente, é un berce de violencia e exclusión social. Non tódolos días se ten a oportunidade de pasear por un barrio coma este sen sentirse inseguro, polo que certamente teño que agradecer que a miña visita coincidise co mes da patria e xusto co desfile por este lugar, así que... que viva Panamá!
Outro grupo. Eles como militares, elas como...

Señoritas desfilando con poses sexys, eles con poses marciais...

Mozas con traxes típicos

Os máis animados da festa

Mes da patria = bandeiras ata na sopa

Na sopa, nos balcóns, nas rúas, etc.


Máis mozas desfilando sexy style


sábado, 17 de noviembre de 2012

Volvendo ó nivel do mar, Cidade de Panamá

Destino: Cidade de Panamá
 Acabo de chegar a Panamá. Aínda me queda tanto por contar da viaxe a Bolivia e xa estou noutro país novo...
A miña primeira visión do Océano Pacífico, inmellorable (a sombra do fondo é o continente)

Panamá ten un dos achegamentos de avión máis fermosos que teño visto. Vóase durante un bo anaco paralelo sobre o pacífico, por enriba de pequenas illas coa costa centroamericana ó fondo e, de súpeto, cando aparece o skyline da Cidade de Panamá o avión xira e enfila a terra. Cando se achega e comeza a seobrevoar terra firme aprézase a tupida vexetación e as palmeiras espalladas. Unha fermosura.

Skyline de Cidade de Panamá
Cando se baixa do avión pega de cheo o golpe de calor tropical e pode contemplarse ao fondo a cidade, que pouco ten que ver co que levo visto ata agora en Latinoamérica. Cidade de Panamá ten moito máis de Miami que de Bogotá. Nótase a pegada dos gringos nesta zona (para ben e para mal). A primeira vista Panamá semella unha cidade ordenada e moderna (nada que ver coa caótica Bogotá), pero esta é unha primeira impresión, xa que apenas puiden camiñar unha hora polas rúas panameñas dende a miña chegada. Mañá pasearei máis e sairei de dúbidas.

Cerro Ancón dende o meu cuarto
Eso sí, aínda que levo pouquísimo tempo aquí xa puiden ver algunhas cousas interesantes. En primeiro lugar, o Cerro Ancón, que é o cumio máis alto da cidade con 199 metro de altura (faime gracia despois de pasar un ano enteiro por enriba dos 2.500...) e que se ve dende a fiestra d meu hotel.


Bahía de Panamá dende o paseo marítmo
 En segundo lugar, o Océano Pacífico, que e era a primeira vez que o miraba e facíame especial ilusión. Certamente este Océano ten gañado a pulso o seu nome, porque tendo en conta que esta cidade ten costa en mar aberto, non hai ondas e a auga está máis calma que na ría de Vigo. Incrible. Ademáis, fíxome ilusión volver a ver o océano e estar ó nivel do mar despois de 11 meses e medio...

Fila de barcos agardadno para cruzar o Canal de Panamá
 En terceiro lugar, un indicio do Canal de Panamá. Aínda que ata mañá non irei ata o canal, dende o paseo marítimo (a 10 minutos do meu hotel) vese a fila de barcos agardando para cruzalo. Aínda que non espero que sexa especialmente fermoso, teño moitas ganas de visitar esta que é unha das grandes obras de enxeñaría do século XX.

Papel hixiénico decorado cun laciño, que cousa bonita!
E por último, puiden ver o cursis que son no meu hotel, onde me recibiron con laciños no papel hixiénico e sobre a taza do retrete... Durante un momento pensei en gardar a flor coma recordo, pero coido que finalmente voulle dar un mellor uso...

Taza do retrete decorada, nunca tal vira...