Enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta piscina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta piscina. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de diciembre de 2011

A remollo (unha vez máis)

Moito me estou enganchando ás piscinas...

Unha vez máis, aquí estou metido na piscina. Esta vez en Villavicencio, unha cidade situada a escasos 90 quilómetros de Bogotá, o que lonxe de significar pouco máis de unha hora en coche son 4 horas de calvario polas pésimas estradas colombianas. Para que vos fagades unha idea, en teoría a autopista de Villavicencio é unha das mellores de país, aínda que sone a chiste. Resumindo, 4 horas para recorrer 90 quilómetros pagando uns 12 euros en peaxes... Nunca máis me volverei a queixar da AP9...

Como podedes observar, Villavicencio goza de clima tropical, como a meirande parte do país; eu diría que todo o país vive nun verán contínuo, excepto Bogotá, que é unha mezcla entre primavera e outono.


Refrescando os pés

Descansando na hamaca
Nesta ocasión alugamos entre 14 unha casiña, que para min era unha mansión, por uns 35 euros por persoa 2 noites e 2 días. A relación calidade-`rezo é inmellorable, dou fe.


Villa Emanuel

Ceador

Xardín tropical

A base de operacións: piscina + ceador

Vista nocturna

O "meu" cuarto
E nesta marabilla de casa con esa marabilla de clima pasamos 2 días alternando piscina, sol, hamacas á sombra e grelladas...

Grellada a pleno rendemento

Algo de comida saudable

Cervexas frescas
Pero o mellor destas excursións son sen dúbida algunha é a compañía. Sen a xente tan xeitosa que estou tendo a sorte de coñecer neste país a experiencia non sería a mesma. O peor é que todos estamos de paso e pronto me tocará despedir a varios. Javi, Adolfo, Cris, Adri... heivos estrañar!

Adolfo, Flo e máis eu

Aliviando a calor

Horas e horas de piscina...

Bomba colectiva! Desfrutando coma nenos...

Resultado da bomba

lunes, 28 de noviembre de 2011

Bo Nadal


Sí, sí, xa sei que aínda non estamos a 25 de decembro e que a foto non está tomada nunha praia do Caribe como vos prometera (esa foto xa vola porei nun par de semanas...), pero coido que esta imaxe é suficiente como para darvos moita envexa da mala.

Máis datos?

Lugar: Villa Emanuel
Data: 27 de novembro
Temperatura: non menos de 26 graos

BO NADAL...

viernes, 11 de noviembre de 2011

Na piscina da discoteca



Como comentaba no post anterior, aproveitamos a finde para sair de marcha. O sábado achegámonos a Melgar e, despois de tomar un pouco ron nunha cigarrería (xa falarei destes sitios algún día), fomos a unha discoteca con piscina. Sí, sí, unha discoteca a ceo aberto cunha psicina chantada no medio!



Por se fora pouco o tempo que pasei metido na piscina da finca, non puiden resistir a tentación e...






Aínda que a foto se ve bastante mal, ese son eu pintando a mona ás tantas da noite na piscina dun garito moi chic... Ó final Menchaca tampouco puido resistir a tentación e acabou por acompañarme...





O certo é que a experiencia non estivo nada mal. Repetiría sen dubidalo!


miércoles, 9 de noviembre de 2011

Para dar envexa: un pouco de verán en novembro



Este luns foi festivo en Colombia, así que tocoume facer a miña segunda viaxe dende que estou aquí. Esta vez fun a unha finca en Carmen de Apicalá, un pobo situado uns 90 quilómetros de Bogotá, que en tempo veñen sendo 3 horas de bus (!!!!), así están as comunicacións aquí...


O caso é que esta vez foi moi distinto á excursión a Chicaque. Como podedes ver, casiña con piscina (na que pasei como mínimo unha cuarta parte do tempo que estiven alí) e calor, moita calor tropical. Resulta que este pobo está a 320 metros sobre o nivel do mar, bastante máis abaixo que os 2.600 de Bogotá, así que ten clima de verán todo o ano.





O máis exótico de todo é que mentres nunha finca de Galicia podes achegarte a unha pereira ou a unha maceira para coller un pouco de froita, en Colombia tes cocos e mangos, así que nos puxemos as botas a base de almorzar coco...






E claro, por aquí tamén hai unha chea de bechos, sobre todo insectos e rás. Esta tan simpática colóusenos na casa!


Así que nada, para todos aqueles que se preguntaban: por qué Colombia? Pois por esto, pleno verán a golpe de novembro... Aquí vos espero...


PD: tamén baixamos ata o pobo de festa, pero eso merece un pos aparte...