Enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Leticia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Leticia. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de noviembre de 2011

Os taxis de Leticia

 O taxi que nos recolleu no aeroporto: sen defensa (entre outras pezas)

Como dicía no anterior post, Leticia-Tabatinga é unha cidade bastante deprimida e, por que non dicilo, terceiromundista... Aquí un bo exemplo: os taxis están que se caen a cachos... é Imposible atopar algún que non teña ferruxe, lle falten pezas, ou simplemente, que ande...


O taxi no que volvemos de tomar caipirinhas: simplemente escarallado

Un taxi retirado, aínda que vin circular algúns que estaban nas mesmas condicións...

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Visitando a Amazonía



A fin de semana pasada tiven a sorte de poder visitar o Amazonas, e non podo facer outra cousa que recomenarvolo a todos, porquee IMPRESIONANTE. Sen dúbida, o río máis caudaloso do mundo, o segundo máis longo, ten o 35% da auga doce do mundo, etc., non defrauda.





 O amazonas dende o avión

Para empeza, a chegada en avión xa impacta, porque vese o río dende moitos kilómetros antes, e a medida que te achegas vai ocupando cada vez máis campo de visión, mentres o chan está cuberto por un manto de vexetación mesta. Cun pouco de sorte, cando o avión fai a maniobra de aproximación podes ter unha vista tan impactante como a das fotos.




Maloca en construcción no medio da cidade

A capital da Amazonía colombiana é Leticia, unha cidade bastante fea e subdesenvolvida, pero que de cando en cando pode agasallarte con algo tan exótico coma unha maloca tradicional no medio das casas (en realidade casas e leiras, que todo está misturado), que é a vivenda tradicional da etnia ticuna, predominante na zona que visitamos.

Lago diante do noso hotel (dentro do recinto)

 Descansando nas hamacas do hotel

 Curiosidades da cidade

A cidade de Leticia comparte fronteira terrestre coa cidade brasileira de Tabatinga, e en realidade son a mesma cidade, só que polo medio hai unha fronteira, eso sí, está aberta e non fai falta amosar pasaporte nin nada, basta con cruzar unha rúa e pasas de Colombia a Brasil.

Foto tomada dende chan colombiano ós meus colegas, que están en Brasil

Así que p primeiro día tocou ir ata o país da orde e o progreso, onde fixemos algunhas cousas típicas como mercar chanclas Ipanema e Hawaianas e beber caipirinhas, só nos faltou bailar un pouco de samba...

Tomando Caipirinhas mentres caía o diluvio

Ceando con cervexa Skol (ainda existe en España?)


E despois de visitar o Brasil, tocou por fin navegar polo río...

Embarcadoiro en Leticia (moi profesional, eh?)

A nosa barca

A nosa barca xa no Amazonas

Navegando con chan peruano de fondo

A zona na que estivemos coñécese como "as tres fronteiras", xa que ademáis das mencionadas Colombia e Brasil, tamén está a fronteira peruana, a onde nos diriximos para visitar a uns pobres animaliños "salvaxes" que indíxenas peruanos tiñan domesticados. Para os animais é unha pena, pero o certo é que se os indíxenas o fan é por culpa de nós, os turistas, que pagamos por miralos...

A sensación de ter semellante cocodrilo a tan poucos metros é indescriptible

Anaconda xoven. Estes bechos chegan amedir ata 12 metros...


Ata aquí o ecuador da viaxe. Ó día seguinte mudámonos dende o hotel da cidade a outro hotel situado no Parque Nacional Natural Amacayacu, un paraíso aillado do mundo onde non hai máis que ese hotel, o río e vexetación. Pero esa parte xa vola contarei mañá...

Camiño do Amacayacu